Resolución provisional de centros seleccionados, suplentes e excluídos para participar en actividades de inmersión lingüística en inglés dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de ESO

Ven, 18/10/2013 - 10:20

Xúntase a Resolución provisional dos centros seleccionados, os centros suplentes e os centros excluídos para participar no programa de Inmersión Lingüística en Inglés  ao abeiro da Resolución do 5 de xullo de 2013 pola que se regula a convocatoria e a selección de centros docentes dependentes desta consellería para participar en actividades de inmersión lingüística en inglés dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.
 
Ábrese un prazo de cinco días naturais contados a partir do día seguinte ao desta publicación para efectuar reclamacións ou renuncias.

Empresa Adxudicataria: Vaughan Intensivos Residenciales S.L.

Destino: Centro de Excelencia para a Formación en Inglés dos Peares. Os Peares. Pena. Carballedo (Lugo).