Trofeo Color Art 2013. Relación de premiados

O IES A Pinguela de Monforte de Lemos, gañador do primeiro premio do Trofeo Color Art 2013, patrocinado pola empresa L’Oréal.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Probas de acceso a ciclos de grao superior. Listaxe definitiva de cualificacións

Publicada a listaxe das cualificacións definitivas das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior.

Etiquetas: 

TVG. Convocatoria de probas para un contrato en prácticas

Convocatoria de probas para un contrato en prácticas na categoría axudante de realización en Televisión de Galicia S. A.

Requisitos:
Posuír ciclo superior de Realización de audiovisuais e espectáculos.

Inscripción:
Os/as aspirantes deberán entregar en Recursos Humanos da CRTVG da súa sede en San Marcos ou enviar ó enderezo proceso.seleccion@crtvg.es un curriculum vitae indicando que é para esta proba.

Etiquetas: 

Trofeo Color Art 2013, patrocinado por L’Oréal 2013

Hoxe, 28 de maio de 21013, celebrase no IES A Pinguela de Monforte de Lemos o Trofeo Color Art 2013, trofeo patrocinado pola empresa L’Oréal que ven desenvolvéndose todos os anos como parte do programa Aprender +,  dirixido ao profesorado e ao alumnado da familia profesional de imaxe persoal e ao amparo do convenio de colaboración asinado con esta empresa no ano dous mil sete.

Este ano participan os seguintes centros:

Etiquetas: 

Convenio con REPSOL. FP dual

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Repsol Petróleo S.A para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

- Convenio

Etiquetas: 

Prazas vacantes en probas libres. Convocatoria 2013

Publicadas as prazas vacantes de probas libres.

As persoas interesadas, que cumpran os requisitos de acceso indicados na Orde do 5 de abril de 2013, poderán matricularse en calquera dos módulos dos ciclos con prazas vacantes. O período de matrícula é do 27 ao 31 de maio ás 13:00 horas. A matrícula realizarase por estricta orde de chegada.

Etiquetas: 

Día do Emprendedor 2013

Celebración do Día do Emprendedor 2013 no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela o 28 de maio.

Organizado polo IGAPE como un espazo de contacto entre empresas e emprendedores.

O programa da xornada pódese consultar na seguinte ligazón www.diaemprendedor.com

Exames da convocatoria de probas de acceso a grao medio 2013

Publicados os exames e as respostas da convocatoria de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Convocatoria 2013.

Etiquetas: 

Publicación de materiais de apoio para as ensinanzas de formación profesional

Inaugúrase un novo repositorio de recursos para as ensinanzas de formación profesional cunha oferta de  materiais de apoio para os módulos profesionais de ciclos formativos LOE. Trátase de 38 actividades en formato editable e do correspondente deseño da unidade didáctica onde están contextualizadas ditas actividades.

Os materiais proceden do traballo elaborado polo profesorado participante nas licenzas de formación concedidas no primeiro trimestre do curso 2012/13 (Orde do 27 de xuño de 2012- DOG 06/07/2012):

Etiquetas: 

Primeiro Foro da Formación e Empresa

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estará presente no Primeiro Foro da Formación e Empresa que se realizará no Fórum Carballo o vindeiro 31 de maio e 1 de xuño en Carballo.

Trátase dunha iniciativa que reúne contidos de formación e emprego e onde se ofrece unha visión integral das oportunidades laborais e formativas na actualidade.

No stand de Formación Profesional atopará información en relación a:

Distribuir contido