Publicación de materiais de apoio para as ensinanzas de formación profesional

O repositorio de recursos para as ensinanzas de formación profesional de ciclos formativos LOE incrementouse con 25 novos materiais de apoio para os módulos profesionais. Trátase de 25 actividades en formato editable e do correspondente deseño da unidade didáctica onde están contextualizadas ditas actividades. 

Os materiais proceden do traballo elaborado polo profesorado participante nas licenzas de formación concedidas no terceiro trimestre do curso 2012/13 (Orde do 27 de xuño de 2012- DOG 06/07/2012):

Etiquetas: 

Catálogo de validacións para técnicos superiores de FP que accedan a estudos universitarios

Publicación do catálogo de Créditos e materias recoñecidas nas titulacións universitarias oficiais de grao para os titulados en formación profesional de grao superior para o curso 2013-2014 e sucesivos.

O catálogo que se presenta a continuación estará vixente desde o curso 2013-2014 e sucesivos e estrutúrase en dúas partes:

Etiquetas: 

II Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia

Corazón de Artesanía. II Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia. Os pendellos, Agolada.

Celébrase en Agolada (Pontevedra) os días 5,6 e 7 de xullo en horario de 11:00 a 20:30 horas
Neste segundo encontro poderá atopar actividades como artesanía en vivo, venda de produtos artesanais, obradoiros de artesanía e música para nenas e nenos, actuacións de baile e música tradicional, conferencias, exposicións e obradoiros, showcooking, degustación e venda de produtos gastronómicos...

Acreditación de competencias. Listaxes de solicitantes

Publicación das listaxes de solicitantes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2013.

Carnés e habilitacións profesionais. Cualificacións definitivas

Publicada a listaxe definitiva de cualificacións da convocatoria ordinaria de carnés e habilitacións profesionais.

Acreditación de competencias. Nota informativa

A publicación das listaxes de solicitantes para participar no proceso de acreditación de competencias, na convocatoria en curso, está prevista para o mércores 3 de xullo de 2013.

Probas libres. Títulos extinguidos. Convocatoria

Publicada a Orde do 21 de xuño de 2013 pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

- Orde do 21 de xullo de 2013

Etiquetas: 

Publicación de materiais de apoio para as ensinanzas de formación profesional

O repositorio de recursos para as ensinanzas de formación profesional de ciclos formativos LOE incrementouse con 23 novos materiais de apoio para os módulos profesionais. Trátase de 23 actividades en formato editable e do correspondente deseño da unidade didáctica onde están contextualizadas ditas actividades.

Os materiais proceden do traballo elaborado polo profesorado participante nas licenzas de formación concedidas no primeiro e no segundo trimestre do curso 2012/13 (Orde do 27 de xuño de 2012- DOG 06/07/2012):

Etiquetas: 

Probas de acceso a ciclos de grao medio. Listaxe definitiva de cualificacións

Publicada a listaxe das cualificacións definitivas das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio.

Etiquetas: 

TVG. Convocatoria de probas para un contrato en prácticas

Convocatoria do proceso de selección para un contrato en prácticas na categoría Operador-montador de vídeo en Televisión de Galicia, S. A.

Requisitos:
Posuír ciclo superior de Realización de audiovisuais e espectáculos.

Inscripción:
Os/as aspirantes deberán entregar en Recursos Humanos da CRTVG da súa sede en San Marcos ou enviar ó enderezo proceso.seleccion@crtvg.es un curriculum vitae indicando que é para esta proba.

Etiquetas: 
Distribuir contido