Proxectos de formación. Resolución provisional. 1ª prazo

Publicada a Resolución provisional da comisión de selección dos proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional presentados no primeiro prazo.

- Resolución

Carnés e habilitacións profesionais. Convocatoria 2ª parte proba guindastre móbil

Publicada a listaxe de persoas convocadas para a celebración da proba práctica de guindastre móbil autopropulsado, categorías A e B.

- Ver listaxe

O chamamento para a realización da proba terá lugar o día 25 de novembro ás 11:00 no seguinte enderezo:

Lugar Vilar de Calo, 47
15866 Teo
A Coruña.

Bolsa para a formación en prácticas dun auxiliar administrativo en Bruxelas

A Fundación Galicia Europa convoca unha bolsa para a formación en prácticas dun auxiliar administrativo na súa oficina en Bruxelas, para o ano 2014.

Na seguinte ligazón, á web da Fundación Galicia Europa, poderá consultar o obxecto, requisitos, prazo, solicitudes e demais información da convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 28 de novembro.

Etiquetas: 

Addenda ao convenio coa Federación Empresa-Universidade (FEUGA)

A Consellería ven de asinar a addenda ao convenio coa Federación Empresa-Universidade (FEUGA), para o apoio aos programas de becas de formación práctica de persoas tituladas en ensinanzas artísticas e ensinanzas deportivas.

Etiquetas: 

Axudas FCT

Publicada a Orde do 24 de outubro de 2013 pola que se resolve a convocatoria do 16 de maio de 2013, pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.
 
 - Ver orde do 24 de outubro de 2013

 - Máis información sobre as axudas de FCT

Etiquetas: 

Convocatoria do proxecto de mobilidade Academia 2014

Academia é un proxecto europeo anual de mobilidade, dirixido aos profesionais da orientación profesional encadrado dentro do programa Leonardo da Vinci. Está organizado polo Ministerio de Educación, a través do Centro Nacional de Recursos para a Orientación Profesional (CNROP), en colaboración coas comunidades autónomas.

Na presente edición a Comunidade de Galicia ten asignadas dúas prazas, unha en Bélxica e outra en Francia.

O prazo de solicitudes remata o día 25 de outubro de 2013.

Proxectos de Formación para profesorado 2013-2014

Bases da convocatoria dos proxectos de formación para o curso 2013-2014.

Pódese consultar as persoas destinatarias, a duración, a documentación a presentar, o lugar e o prazo de presentación de solicitudes, e máis información de interese.

- Convocatoria dos proxectos de formación.

Xornadas. Proxectos e Iniciativas Bioconstruidas

Na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos (ETSICCP), da Universidade da Coruña realizaranse as xornadas Proxectos e iniciativas bioconstruídas e a información está no arquivo achego co seguinte programa de conferencias.

  • Luns 14 de outubro.
    Módulo bioclimático de palla no CIFP SOMESO, por D. Juan Bello Llorente

  • Luns 21 de outubro.
    Proxecto Biovalvo. Valoración de cunchas de bivalvos galegos como material de construción, por Dna. Carolina Martínez García.

Proxectos LEONARDO DA VINCI IVT. Convocatoria 2013

Son proxectos de mobilidade do alumnado dentro do Programa de Aprendizaje Permanente Leonardo da Vinci aprobados polo OAPEE (Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos), actualmente o Servizo para a Internacionalización da Educación (SEPIE) en xuño de 2013.

Distribuir contido