Comezo das actividades de fomento do emprendemento en 2º ESO. Santiago

O programa Atrévete- Santiago, enmarcado dentro do Plan eduemprende, comezou a súa andadura o pasado 31 de xaneiro coa visita do CPI de Bembibre (Val do Dubra) á Asociación Área Empresarial do Tambre.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Comezo das actividades de fomento do emprendemento en 6º de primaria. FINSA

As actividades de fomento do emprendemento para o alumnado de 6º curso de Educación Primaria recollidas dentro do programa Atrévete-Santiago iniciáronse o pasado 7 de febreiro no CIFP Politécnico de Santiago.

O alumnado do CEIP Raiña Fabiola, CEIP de Roxos e CEIP Plurilingüe Monte dos Postes de Santiago de Compostela acudiron ao CIFP Politécnico onde foron recibidos polo equipo directivo do centro.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Orde do 27 de xaneiro de 2014. Carnés e habiliacións profesionais. Convocatoria 2014

Publicada a Orde do 27 de xaneiro de 2014 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2014.
- Orde da convocatoria

Eduemprende Actúa 2014

O Programa eduemprende Actúa comeza o día 28/01/2014 no CIFP Ferrolterra e finalizará a finais do mes de marzo.

Na semana do 03/02/2014 ao 07/02/2014 as actuacións desenvolveranse en centros educativos de Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Pontevedra e Ourense.

Etiquetas: 

Xornada Erasmus +

Erasmus + é o novo programa europeo de educación, formación, xuventude e deporte para o período 2014-2020. Co obxectivo de dar a coñecer as posibilidades de financiamento para o desenvolvemento de proxectos de mobilidade e de cooperación, o OAPEE, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ten o pracer de invitar as institucións interesadas do ámbito da educación e da formación á participación na sesión informativa que se desenvolverá en Santiago de Compostela o día 5 de febreiro na Cidade da Cultura.

Proxectos de formación. Resolución Provisional. 2ª prazo

Publicada a Resolución provisional da comisión de selección dos proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional presentados no segundo prazo.

Resolución

TVG. Convocatoria proba para dous contratos en prácticas

Convocatoria do proceso de selección para dous contratos en prácticas na categoría laboral Técnico electrónico en Televisión de Galicia, S. A.

Requisitos:
Posuír ciclo superior de Instalacións electrotécnicas, ciclo superior de Desenvolvemento de produtos electrónicos, ciclo superior de Sistemas de regulación e control automáticos ou ciclo superior de Sistemas de telecomunicación e informáticos.

Etiquetas: 

Acreditación de competencias. Convocatoria 2014

Orde do 14 de xaneiro de 2014 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

Carnés e habilitacións profesionais. Cualificacións definitivas

Publicada a listaxe definitiva de cualificacións da convocatoria ordinaria de carnés e habilitacións profesionais.

Cursos de formación para o emprego en centros educativos que imparten ensinanzas de FP

Asinouse o Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Traballo e Benestar para a coordinación das ofertas de formación profesional nos centros que impartan ensinanzas de formación profesional da nosa Comunidade Autónoma. Nel establécese a oferta de cursos de formación para o emprego que se impartirán nos centros educativos durante o 2014.

Etiquetas: 
Distribuir contido