Carnés profesionais. Listaxe definitiva admitidos e datas de realización das probas

Publicada a listaxe definitiva de admitidos e excluídos da convocatoria extraordinaria 2013 de probas de carnés e habilitacións profesionais así como as datas de celebración das probas.

- Listaxe definitiva

Europa. Next Station II (2013-2014)

É un proxecto de mobilidade do alumnado dentro do Programa de Aprendizaje Permanente Leonardo da Vinci, presentado e coordinado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que da continuidade ao proxecto Leonardo “Europa. Next Station” (2012-2013) xa finalizado e que amplía o número de mobilidades de 51 a 100 alumnos, que é o número máximo aceptado pola convocatoria 2013.

Mobilidades do alumnado no Proxecto Europa. Next Station 2012-2013

Mobilidades do alumnado no Proxecto Leonardo da Vinci IVT Europa. Next Station 2012-2013.

Participaron 51 alumnos de 17 centros da rede de CIFP da Comunidade Autónoma de Galicia. As mobilidades tiveron unha duración de 5 semanas e se realizaron aos seguintes países:

 

Finlandia: 13 alumnos
  1. CIFP Portovello:

      CM Atención sociosanitaria (2)

      CM Xestión administrativa (1)

  2. CIFP Paseo das Pontes:

      CM Cociña e gastronomía (1)

Premios ás boas prácticas en innovación educativa

Convocados os premios ás boas prácticas de innovación educativa desenvolvidas durante o curso escolar 2012-2013 pola Resolución do 12 de setembro de 2013 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convocan premios ás boas prácticas de innovación educativa desenvolvidas durante o curso escolar 2012-2013 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco

A Cidade da Cultura de Galicia pon en marcha os premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia.

Estes premios van dirixidos ás persoas tituladas de ciclos medios e ciclos superiores de Formación Profesional e das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño.

Os premios Emprende Gaiás-Sixto Seco buscan poñer en marcha ideas ou proxectos innovadores no mundo das industrias culturais artelladas en tres modalidades:

Etiquetas: 

Formación Profesional Dual. Actualización da listaxe de persoas admitidas e en espera

Actualización das listaxes de persoas admitidas e en espera no CIFP Manuel Antonio de Formación Profesional Dual de grao medio.
As persoas admitidas no CIFP Manuel Antonio poderán realizar a matrícula os días 27 e 30 de setembro.
As persoas solicitantes que non figuran na listaxe de persoas admitidas ou na listaxe de persoas en espera están en situación de non seleccionadas.

Etiquetas: 

Formación Profesional Dual. Listaxe de persoas admitidas e en espera

Publicadas as listaxes de persoas admitidas e listaxes de persoas en espera, por centro escollido en primeira opción, nos proxectos experimentais de Formación Profesional Dual de grao medio e grao superior.

Etiquetas: 

Admisión. Listaxe definitiva de solicitantes. Nota informativa

A listaxe definitiva de solicitudes de admisión a ciclos formativos de formación profesional da convocatoria extraordinaria será publicada a partir das 14.00 horas do día 23 de setembro na páxina web de FP e nos taboleiros de anuncios dos centros educativos con oferta de prazas sostidas con fondos públicos.

Etiquetas: 
Distribuir contido