Catálogo de validacións para técnicos superiores de FP que accedan a estudos universitarios

Publicación do catálogo de Créditos e materias recoñecidas nas titulacións universitarias oficiais de grao para os titulados en formación profesional de grao superior para o curso 2013-2014 e sucesivos.

O catálogo que se presenta a continuación estará vixente desde o curso 2013-2014 e sucesivos e estrutúrase en dúas partes:

  • No apartado 1 recóllense as táboas de recoñecemento directo de créditos nas titulacións universitarias oficiais de grao para os titulados en formación profesional de grao superior, de acordo coas normas de cada unha das universidades galegas considere oportuno. 
  • No apartado 2 Recóllese a relación de titulacións universitarias oficiais de grao que de momento non teñen unha táboa de recoñecemento directo de créditos para os técnicos superiores de formación profesional. No caso que se considere a posibilidade de correspondencia entre algunha titulación universitaria oficial de grao e algún título de técnico superior de formación profesional, poderase solicitar individualmente o recoñecemento dos créditos que se considere oportuno, da forma prevista pola normativa de recoñecemento e transferencia de créditos de cada universidade.

Importante: Este catálogo está pendente da sinatura do convenio entre as tres universidades de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Mentres non sexa asinado o documento ten só carácter informativo.

- Catálogo de validacións para técnicos superiores de Formación Profesional que accedan a estudos universitarios (Actualizado o 08/07/13)

 

Etiquetas: