Proxecto da orde pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos LOXSE

Co fin de dar cumprimento á Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia ábrese o trámite de audiencia e información pública do Proxecto da orde pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos dos establecidos ao abeiro da lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Etiquetas: 

Calendario das probas de carnés e habilitacións profesionais. Convocatoria 2013

Publicado o calendario de realización das probas de carnés e habilitacións profesionais. Convocatoria 2013.

- Acceso ao calendario. (actualizado o 21/05/2013)

As probas terán dous chamamentos, o da 1ª parte ás 9:30 horas e o da 2ª parte ás 11:15 horas.

Carnés e habilitacións profesionais. Listaxe definitiva de admitidos e excluídos

Publicada a listaxe definitiva de admitidos e excluídos da convocatoria ordinaria 2013 de probas de carnés e habilitacións profesionais.

- Listaxe definitiva

Convocatoria de axudas para alumnado en FCT

Orde do 16 de maio de 2013 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

- Ver Orde

- Máis información relacionada coa FCT

Etiquetas: 

Acreditación de competencias. Convocatoria 2013

Orde do 25 de abril de 2013 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profesionais.

Probas libres. Listaxes de adxudicación. Convocatoria 2013

Publicadas as listaxes de persoas adxudicadas en probas libres. Convocatoria 2013. Pode acceder e/ou descargar as listaxes á continuación.

Etiquetas: 

Nota informativa. Nova convocatoria do proceso de Acreditación de Competencias Profesionais

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sensible ás necesidades dos traballadores e traballadoras que demandan unha certificación oficial da súa cualificación procede a convocar o proceso de acreditación de competencias profesional adquiridas a través da experiencia laboral para o ano 2013.

Convenio con Peugeot Citroën

O luns 13 de maio de 2013 asinouse en Vigo o convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Peugeot Citroën Automóviles España, S.A. sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional.

Etiquetas: 

Probas libres. Listaxes definitivas de solicitudes

Publicadas as listaxes definitivas de solicitudes a probas libres para a obtención de títulos de técnico e de técnico superior.

Listaxe definitiva de solicitantes. Ciclos de grao medio.
Ao longo do luns 20 de maio de 2013 publicaranse as listaxes de persoas admitidas en cada ciclo formativo.

Etiquetas: 

Probas de acceso a ciclos de grao superior. Listaxe provisional de cualificacións

Listaxe das cualificacións provisorias das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior.

- Listaxe provisoria
Poderanse presentar reclamacións contra a cualificación provisoria desde o día 13 ao 15 de maio, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

Etiquetas: 
Distribuir contido