Nova ferramenta en prol da accesibilidade no portal educativo da Formación Profesional

O portal de formación profesional www.edu.xunta.es/fp, contén información que permite coñecer as posibidades de formación e emprego ao longo da vida dos estudantes, traballadores e sociedade en xeral.

Para promover a accesibilidade, na medida en que todas as persoas poidan acceder aos servizos que ofrece o portal, vimos de dar un pequeno paso en prol de achegar certas facilidades mediante implementación dunha ferramenta de novo uso no portal, a conversión a voz do texto das páxinas web.

Etiquetas: 

Recepción das premiadas e premiados nas Olimpíadas 2013 da Formación Profesional

O Presidente da Xunta felicitou, o 2 de abril de 2013,  ao alumnado e ao profesorado, pola súa participación e polos resultados acadados na Olimpíada 2013 da Formación Profesional nun acto celebrado no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA).

- Máis información do evento.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Eduemprende ATRÉVETE Ourense

O venres 5 de abril comezaron as actividades do Programa eduemprende ATRÉVETE Ourense, coa participación de 42 alumnos pertencentes a sexto curso de educación primaria do CEIP Filomena Dato do concello de Barbadás. Visitaron á Asociación de Empresarios do Polígono San Cibrao e a empresa Inplasor Galicia, S.L. dedicada á fabricación de compoñentes de automoción.

Etiquetas: 

Sinatura de protocolo de colaboración e addenda co Polígono San Cibrao das Viñas

O venres día 5 de abril asináronse en Ourense o Protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao (Ourense) para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende, e a addenda para desenvolvemento de dito protocolo.

Etiquetas: 

Solicitude de propostas da nova Carta Erasmus de Educación Superior (ECHE)

O OAPEE publicou a convocatoria de propostas da nova Carta Erasmus de Educación Superior (ECHE) para o período 2014-2020 no Diario Oficial da Unión Europea do 23 de marzo de 2013.

Importante:

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Sedes e instrucións

Publicada a listaxe das sedes de realización das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior así como as instrucións para a realización das probas.

- Máis información

Etiquetas: 

Edugal. Pontevedra 2013

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estará presente en Edugal. Pontevedra 2013, o II Salón de oferta de Educación e Formación de Galicia que se realizará no Recinto Ferial de Pontevedra os días 12, 13 e 14 de abril de 2013.

No stand de Formación Profesional pódese atopar información e recibir orientación en relación a:

Probas de acceso grao superior. Listaxe definitiva de exencións

Publicada a resolución definitiva de exencións das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Convocatoria ordinaria 2013

Etiquetas: 

Probas libres para obtención de títulos de formación profesional

Proxecto de orde pola que se regulan as probas libres para a obtención dos títulos de FP da LOE.

Esta orde terá por obxecto regular as probas libres para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, e establecer, con carácter ordinario, en centros públicos, a realización dunha convocatoria anual dos ciclos formativos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Etiquetas: 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Listaxe definitiva de inscrición

Publicada a listaxe definitiva de persoas inscritas nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

- Ver información

Etiquetas: 
Distribuir contido