Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Listaxes definitivas de persoas inscritas.

Publicadas as listaxes definitivas de persoas inscritas nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

- Ver listaxe

- Máis información sobre o proceso.

Etiquetas: 

Turexpo Galicia 2013. III Salón turístico de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estará presente en Turexpo Galicia 2013, o III Salón turístico de Galicia que se realizarán na Feira Internacional de Galicia en Silleda do 22 ao 24 de febreiro de 2013.

No stand de Formación Profesional pódese atopar información e recibir orientación en relación a:

Xornadas Franquiatlántico 2013

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estará presente nas Xornadas Franquiatlántico franquías e negocios 2013 na súa XIII edición que se realizarán no Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo o 23 e 24 de febreiro de 2013.

As xornadas están dirixidas a futuros franquiciados, emprendedores, inversores, profesionais e público en xeral.

As actividades centraranse en tres eixes:

III Xornadas de Orientación académica e profesional

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estará presente nas III Xornadas de Orientación académica e profesional que se realizarán no Auditorio Municipal de Cangas o 20 e 21 de febreiro de 2013.

As xornadas están dirixidas tanto a profesionais da educación como a alumnado de 4º da ESO, de bacharelato, de ciclos formativos de grao superior e alumnado de educación de adultos.

Participan os seguintes centros educativos:

Premios da Formación Profesional Galega na Olimpíada 2013

Na seguinte táboa relaciónanse os skills e competidoras e competidores premiados na Olimpíada 2013 da formación Profesional Spain Skill 2013.

Medallas e mencións galegas na Olimpíada 2013 da Formación Profesional

Skill

Etiquetas: 

Carnés e habilitacións profesionais. Convocatoria 2013

Publicada en DOG a ORDE do 26 de decembro de 2012 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2013.

- Orde no DOG

- Normativa relacionada

Listaxes provisorias de persoas inscritas nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

Publicada a listaxe provisoria de persoas inscritas nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

- Listaxe provisoria

- Máis información

Etiquetas: 

Inicio de Eduemprende- Actúa

Esta actuación enmárcase no Plan de Emprendemento no sistema educativo de Galicia eduemprende, no eixe estratéxico 1 “Sensibilización e motivación” que agrupa o conxunto de obxectivos e medidas a desenvolver para que a comunidade educativa perciba a importancia de construír e fomentar a cultura emprendedora, para recoñecer no seu contorno actitudes e valores emprendedores, favorecendo a súa integración nos centros educativos e creando unha conciencia emprendedora.

Etiquetas: 

Olimpíada 2013 da Formación Profesional. Comezo das probas

Comezo das probas da Olimpíada 2013 da Formación Profesional. SpainSkills 2013.

- Retransmisión en directo

Etiquetas: 

Formación Profesional Dual. Listaxe de persoas admitidas e listaxe de espera

Publicada a listaxe de persoas admitidas e en espera de FP Dual.

As persoas admitidas na FP Dual do CIFP Politécnico de Santiago deberán acudir ao centro para matricularse os días 14 ou 15 de febreiro, en horario de oficina. De non formalizar a matrícula nestas datas, esas prazas serán ocupadas polas persoas en espera.

As persoas solicitantes que non figuran na listaxe de persoas admitidas ou na listaxe de persoas en espera están en situación de non seleccionadas.

Etiquetas: 
Distribuir contido