Inicio de Eduemprende- Actúa

Esta actuación enmárcase no Plan de Emprendemento no sistema educativo de Galicia eduemprende, no eixe estratéxico 1 “Sensibilización e motivación” que agrupa o conxunto de obxectivos e medidas a desenvolver para que a comunidade educativa perciba a importancia de construír e fomentar a cultura emprendedora, para recoñecer no seu contorno actitudes e valores emprendedores, favorecendo a súa integración nos centros educativos e creando unha conciencia emprendedora.

Datos

Centros: 32 centros educativos de toda Galicia

Alumnado participante: 5180

Duración: iniciarase o día 14.02.2013 no CIFP Compostela de Santiago de Compostela, coa presenza do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a subdirectora xeral de Formación Profesional e o director do IGAPE. Finalizará o día 20.03.2013 no CIFP Politécnico de Lugo.

Máis Información

Etiquetas: