Turexpo Galicia 2013. III Salón turístico de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estará presente en Turexpo Galicia 2013, o III Salón turístico de Galicia que se realizarán na Feira Internacional de Galicia en Silleda do 22 ao 24 de febreiro de 2013.

No stand de Formación Profesional pódese atopar información e recibir orientación en relación a:

  • Oferta educativa dos ciclos formativos de FP
  • Acceso á Formación Profesional
  • Itinerarios formativos e profesionais
  • Saídas académicas e profesionais
  • Acreditación de competencias, a posibilidade de acreditar oficialmente a túa cualificación profesional se tes experiencia profesional.

 

Pode acceder o programa de actividades na web de Turexpo Galicia 2013.

Información da Feira Internacional de Galicia de Silleda: contacto, horarios, localización...