Os conselleiros de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e de Economía e Industria, Francisco Conde, presentaron hoxe, 16 de xaneiro, o certame ‘Reinventa a ITV, inventa o teu futuro’.
Os alumnos gañadores do certame recibirán como premio unha bolsa de formación dun ano nas instalacións da empresa, e o seu colexio unha achega de 5.000 €.
‘Reinventa a ITV, inventa o teu futuro’ nace co obxectivo de fomentar o emprendemento desde os máis mozos como porta de incorporación ao mercado laboral.