Convenio con Supervisión e Control, S.A. para o desenvovemento do proxecto: "Reinventa a ITV, inventa o teu futuro"

A Consellería ven de asinar un Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Supervisión y Control, S.A. para o desenvolvemento do proxecto “Reinventa a ITV, inventa o teu futuro”.

Este proxecto “Reinventa a ITV, inventa o teu futuro” ten como finalidade a mellora das competencias, o desenvolvemento das actuacións previstas no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende: fomento do traballo en equipo e do espírito emprendedor, e a inserción laboral do alumnado de formación profesional; ao tempo que se promociona a imaxe da inspección técnica de vehículos e da seguridade viaria.

As características deste proxecto son:

  • O proxecto consiste nun concurso que ten por obxecto presentar calquera tipo de idea que resulte favorecedora para mellorar as actuais condicións baixo as que se presta o  servizo da ITV en Galicia.
  • Poderá participar o alumnado matriculado no segundo curso do ciclo superior de Automoción en centros públicos da nosa comunidade autónoma.
  • A participación será de forma obrigatoria en equipo, integrado por un número de tres ou catro alumnos e sempre a través dos centros educativos.
  • Cada centro nomeará un profesor que coordinará a todos os equipos que presente o centro educativo. Este profesor actuará como titor do alumnado na elaboración dos seus proxectos.
  • A duración do concurso será de novembro a maio, do curso 2012-2013.
  • Temática: un proxecto que propoña posibles melloras da ITV en xeral.
  • Premios:

- Cada un dos alumnos do equipo gañador recibirá unha bolsa remunerada dun ano de duración nun centro da empresa Supervisión y Control, S.A., próximo ao seu domicilio, a través do programa de bolsas de formación de Feuga. A bolsa farase efectiva unha vez titulado o alumno e dentro do ano 2013.

- O centro educativo ao que pertenza o alumnado do equipo gañador, recibirá ademais unha gratificación económica de 5000 €, que se destinará á mellora da calidade das ensinanzas de formación profesional

- Convenio

- Relación de convenios en vigor no ámbito da formación profesional