Xornada de formación para orientadores. Ampliación do prazo de inscrición

Amplíase o prazo de inscrición nas xornadas ata o día 22 de abril de 2013!

A xornada formativa está destinada aos profesionais da especialidade de orientación educativa. Realizarase o mércores 24 de abril no CIFP Politécnico de Santiago, en Santiago de Compostela.

Data: 
Luns, 22/04/2013 (Todo o día)

Probas Libres para obtención títulos FP (LOE). Convocatoria 2013. Corrección de erros

Publicada a Corrección de erros da Orde do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Etiquetas: 

Xornada de formación para orientadores

Formación profesional: emprego en tempo de crise

O vindeiro mércores 24 de abril realizarase no CIFP Politécnico de Santiago, en Santiago de Compostela, unha xornada formativa destinada aos profesionais da especialidade de orientación educativa.

Sinatura de protocolo de colaboración coa Fundación Empresa-Universidade (FEUGA)

O mércores 17 de abril de 2013 asinouse en Santiago de Compostela o protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Empresa-Universidade (FEUGA).

Etiquetas: 

Cobertura temporal de posto de traballo mediante adscrición temporal

Convocatoria de adscripción temporal , na categoría de auxiliar de enfermería para a residencia de maiores da Pobra do Caramiñal.

O prazo para solicitala ante a Xefatura Territorial da Coruña remata o 20 de Abril.

- Máis información

Etiquetas: 

Curso de Formación: A accesibilidade universal como oportunidade de negocio

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte organiza o curso "A accesibilidade universal como oportunidade de negocio" (20h)

O curso está dirixido especialmente para o sector empresarial, aínda que está aberto a calquera persoa interesada.

As solicitudes, segundo o modelo de inscrición, dirixiranse ao presidente da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte e presentaranse mediante:

Etiquetas: 

Convenio con UNVI. FP dual

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa UNVI S.A. para a implantación dun sistema de formación profesional dual.

- Convenio

Etiquetas: 

Concurso. Turismo Creativo: Ideas para o Norte de Portugal e Galicia

Turismo Creativo: Ideas para o Norte de Portugal e Galicia é un concurso de ideas promovido pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal (GNP-AECT) en conxunto coa Axencia de Turismo de Galicia, a Entidade Rexional de Turismo de Porto e Norte de Portugal (ERTPN) e o ISAG - Instituto Superior de Administración e Xestión.

Etiquetas: 

FP dual. Segundo proxecto experimental en colaboración con UNVI

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o presidente da empresa Unidad de Vehículos Industriales S.A. (UNVI), Emilio Pérez Nieto; asinaron hoxe, 15 de abril de 2013, un convenio de colaboración co que se avanza no proceso de implantación do sistema de Formación Profesional dual en Galicia.

Etiquetas: 

Material didáctico emprendemento. Educación Primaria

Publicación de recursos materiais dirixidos ao terceiro ciclo da educación primaria, destinados a fomentar entre o alumnado as calidades personais que constitúen a base dunha cultura emprendedora, no marco do Programa Eduemprende Atrévete: a responsabilidade, o esforzo, a creatividade, o traballo en equipo e a comunicación.

Etiquetas: 
Distribuir contido