Eduemprende ATRÉVETE Ourense
O venres 5 de abril comezaron as actividades do Programa eduemprende ATRÉVETE Ourense, coa participación de 42 alumnos pertencentes a sexto curso de educación primaria do CEIP Filomena Dato do concello de Barbadás. Visitaron á Asociación de Empresarios do Polígono San Cibrao e a empresa Inplasor Galicia, S.L. dedicada á fabricación de compoñentes de automoción.
Esta actuación se enmarca no Protocolo de colaboración para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende, asinado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Empresarios do Polígono San Cibrao das Viñas de Ourense.
Este programa está composto por:
- Xornadas de fomento do emprendemento
- Concurso “Atrévete a ter unha idea”