Acreditación de competencias. Convocatoria 2013

Orde do 25 de abril de 2013 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profesionais.

 - Ver convocatoria
 - Máis información da convocatoria do proceso de acreditación de competencias profesionais

Importante

  • A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación infor­mática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacionEsta aplicación está activa a partir do 21 de maio de 2013.
     

  • A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento.
     

  • prazo de presentación de solicitudes será desde o 21 de maio de 2013 ao 12 de xuño de 2013. 

 

 Familia profesional

 Ciclo formativo

 Nº Unidades de Competencia

 Prazas

Administración e xestión

Gestión administrativa

9

540

Agraria

Xardinaría e floraría

6

150

Edificación e obra civil

Construcción

10

200

Proxectos de edificación

8

160

Electricidade e electrónica

Instalaciónes eléctricas e automáticas

10

720

Instalaciónes de telecomunicacións

6

240

Enerxía e auga

Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica

5

125

Fabricación mecánica

Mecanizado

3

75

Soldadura e caldeiraría

10

700

Hostalaría e turismo

Cociña e gastronomía

8

480

Servizos en restauración

11

660

Xestión de aloxamentos turísticos

6

120

Guía, información e asistencia turísticas

9

180

Imaxe persoal

Peiteado e cosmética capilar

8

200

Instalación e mantemento

Instalacións frigoríficas e de climatización

4

240

Instalacións de producción de calor

2

120

Madeira, moble e cortiza

Carpintería e moble

5

200

Instalación e amueblamento

7

350

Química

Laboratorio de análise e de control de calidade

6

180

Sanidade

Emexencias sanitarias

7

840

Farmacia e parafarmacia

6

720

Servizos socioculturais e á comunidade

Atención a persoas en situación de dependencia

10

600

Educación infantil

7

280

Transporte e mantemento de vehículos

Carrozaría

8

300

Electromecánica de vehículos automóbiles

7

980