Trofeo Color Art 2013, patrocinado por L’Oréal 2013

Hoxe, 28 de maio de 21013, celebrase no IES A Pinguela de Monforte de Lemos o Trofeo Color Art 2013, trofeo patrocinado pola empresa L’Oréal que ven desenvolvéndose todos os anos como parte do programa Aprender +,  dirixido ao profesorado e ao alumnado da familia profesional de imaxe persoal e ao amparo do convenio de colaboración asinado con esta empresa no ano dous mil sete.

Este ano participan os seguintes centros:

  • CIFP Someso de A Coruña.
  • IES Muralla Romana de Lugo.
  • IES A Pinguela  de Monforte de Lemos.
  • IES Johan Carballeira de Bueu.
  • IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra.
  • IES de Teis de Vigo.

Cada centro presenta un equipo composto por dous alumnos/as que no escenario realizarán, un deles un corte e un peiteado sobre o cabelo cun color xa preparado, explicando a técnica que se levou a cabo anteriormente, e o outro participante un peitado, recollido de estilo libre, con aplicación de elementos engadidos.

Estes equipos competirán polos tres premios que patrocina a empresa e que son:

- Maleta profesional para materiais.

- Cheques de formación.

Etiquetas: