Publicación de materiais de apoio para as ensinanzas de formación profesional

Inaugúrase un novo repositorio de recursos para as ensinanzas de formación profesional cunha oferta de  materiais de apoio para os módulos profesionais de ciclos formativos LOE. Trátase de 38 actividades en formato editable e do correspondente deseño da unidade didáctica onde están contextualizadas ditas actividades.

Os materiais proceden do traballo elaborado polo profesorado participante nas licenzas de formación concedidas no primeiro trimestre do curso 2012/13 (Orde do 27 de xuño de 2012- DOG 06/07/2012):

  • 11 actividades para o módulo MP0061. Anatomofisioloxía e patoloxía básicas, do ciclo medio de Emerxencias sanitarias e do ciclo medio de Farmacia e parafarmacia. Autoría: Carlos Fabal Rifón e Berta Vázquez García.
  • 11 actividades para o módulo de Formación e orientación laboral. Autoría: Marta Mª López Morales.
  • 6 actividades para o módulo MP0693. Topografía agraria, do ciclo superior de Xestión forestal e do medio natural e do ciclo superior de Paisaximo e medio rural. Autoría: José Manuel Rial Budiño.
  •  10 actividades para o módulo MP0440. Tratamento informático da información, do ciclo medio de Xestión administrativa. Autoría: Carlos Busto Lobato.

O acceso a dito repositorio de recursos atópase na ligazón www.edu.xunta.es/programacions, xunto ás opcións de elaboración e seguimento de programacións.

Estes recursos teñen licenza Creative Commons BY-NC-SA (recoñecemento - non comercial - compartir igual). Para obter información máis detallada deste tipo de licenza visitar a ligazón: http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/es.

Etiquetas: