Trofeo Color Art 2013. Relación de premiados
O IES A Pinguela de Monforte de Lemos, gañador do primeiro premio do Trofeo Color Art 2013, patrocinado pola empresa L’Oréal.
Onte, día 28 de maio, celebrouse en Monforte de Lemos e organizado polo IES A Pinguela o Trofeo ColorArt 2013, patrocinado pola empresa L’Oreal e ao amparo do convenio de colaboración asinado no 2007.
Os participantes, alumnado do CM de Peiteado, realizaron no escenario un corte e un peiteado sobre o cabelo cun color xa preparado, explicando a técnica que se levou a cabo anteriormente, e o outro participante un peitado, recollido de fantasía de estilo libre, con aplicación de elementos engadidos.
Para completar a imaxe das modelos colaboraron o alumnado e profesorado de estética dos centros participantes.
A relación de premiados foi a seguinte:
- 1º Premio: IES A Pinguela, Monforte de Lemos
Alumnado:
Corte e cor: Alfonso Osorio.
Recollido fantasía: Aitor García Gacio.
Profesorado titor: Rosa Mar Díaz Vázquez e Rosa María Álvarez Oliveira.
- 2º Premio: CIFP Someso, A Coruña
Alumnado:
Corte e cor e recollido fantasía: Patricia Álvarez Lista.
Profesorado titor: Ana Mª Pardellas Díaz e Cristina González Purriños.
- 3º Premio: IES de Teis, Vigo
Alumnado:
Corte e cor: Sonia Da Vila Davila.
Recollido fantasía: Beatriz Sanjuán Fernández.
Profesorado titor: Loly Rozados e Mercedes Pose
Este alumnado recibiu da empresa unha maleta profesional para materiais e cheques de formación.