Skip to Content

Problema para ver os albums

Restaurei a configuración por defecto e agora non son quen de ver os albúms na páxina principal nin na lista de albums. Eu imaxino que o erro o teño na configuración, parametros xerais. Eu puxen URL del fólder de tu galería coppermine (no 'index.php' o similar al final) http://centros.edu.xunta.es/iesfranciscoaguiar/galeria/ URL de tu pagina de inicio index.php Non cambiei nada máis. As fotografías súbeas, máis non son quén de visualizalos albumes. Gracias de antemán.

Solución

Para volver a restaurar unha imaxe para os albums que aparecen na páxina principal deberemos de entrar como Administrador e ir ao apartado (botón) Categorías.

Aí veremos a lista das categorías existentes e en cada unha delas podemos atopar un botón azul coa letra "e" Botón editar

Ao premer sobre este botón aparecerán na parte inferior da páxina unhas opcións de modificación: Categoría pai, Título da categoría... e tamén a Imaxee miniatura que queremos empregar para a categoría. Se non aparece ningunha imaxe podemos seleccionar a que desexemos desde o despregable que aparece nesta sección.

Finalmente prememos sobre o botón "Modificar/Crear categoría" e xa volveremos a ter unha imaxe miniatura a carón do albúm na páxina principal.

 Miniatura para categoría

Un saúdo.



forum | by Dr. Radut