Skip to Content

Añadir ficheros

Boas! Vexo que é unha dúbida frecuente, pero non atopo a resposta. Para engadir moitas fotos xuntas, creei un álbum en Picasa e copiei a dirección no espazo URL que aparece en "Añadir archivos" pero non vai ben. ¿Como podo facelo? Moitas gracias.

Subir arquivos á galería

Ademais de subir os arquivos de 5 en 5 ou de 10 en 10, e ademais tamén de subilos por FTP, os que traballen co S.O Windows XP poden facelo con un sistema moi doado, xa explicado anteriormente en http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/513

 

¿Metes os enderezos de cada unha da fotos?

Polo que entendo polas túas palabras, na caixa de URL introduces o enderezo do album de Picasa... Pero para que coppermine funcione, segundo teño entendido, debes por un a un o enderezo de cada unha das fotografías (de xeito individual). É un sistema algo incómodo realmente o de engadir fotografías, se ben... é ¡o que temos! Eu prefiro subir as fotos vía ftp a través do cliente, realmente aforras tempo subindo as fotos nun zip en vez de unha a unha.

Grazas

Grazas pola túa resposta. Eu o facía para non ter que engadir os arquivos un por un. Entón é o mesmo, pero engadindo os enderezos de cada foto. Pero, ¿como se fai para subir as fotos vía ftp nun zip?

Subir arquivos zip via ftp

Este proceso é algo lioso, sendo tamén algo delicado... xa que o procedemento faise accedendo vía ftp ao servidor onde está aloxada toda a web do centro. Se non tes experiencia traballando a nivel servidor, vai con moito tino pois podes borrar o que non debes e despois a web non funcionará. Por pasos (falo de memoria, espero non esquecer algún polo medio): 1.- Crea un .zip coas fotos que queiras subir. 2.- Nesta ligazón tes o cliente de FTP: http://centros.edu.xunta.es/ftpwebcentros/ . Os datos de acceso debe telos o responsable no teu centro da páxina web. 3.- Coppermine está dentro da carpeta "galeria"(NON TOQUES NADA DO RESTO!!!). Accede a ela, e crea unha carpeta nova (eu chámolle "fotos"). ISTO SO HAI QUE FACELO A PRIMEIRA VEZ; nas sucesivas veces será nesta carpeta onde diretamente envíes o .zip. 4.- Sube nela o .zip que creaches. Tes unha opción de subir arquivos .zip que automaticamente son descomprimidos ao ser subidos ao servidor. 5.- Desconecta do ftp. 6.- Accede ao coppermine do teu centro->Crea un álbum novo, e logo-> Pestana "Engadir ficheiros (Batch)". Alí deberías ter unha carpeta chamada "fotos" con todas as imaxes que estaban no .zip. Agora trátase de incorporalas ao álbum que acabas de crear, do mesmo xeito que a subida normal mediante a opción tradicional "subir arquivos". 7.- Listo. Xa me contarás se tiveches sorte!

Permisos

Boas! Seguín os teus pasos, aínda que a carpeta "fotos" tiven que metela dentro do directorio "galería". Conseguir chegar ó último pnto pero, aínda que xa teño a carpeta en "Engadir ficheiros", non me deixa engadilos no seu correspondente álbum. Ponme seguinte: Atención: ¡El script no puede escribir en este directorio, necesitas cambiar sus permisos a modo 755 o 777 antes de intentarlo de nuevo! ¿Como o fago? Grazas

Carpeta Albums

Perdoa a tardanza, non vin a túa mensaxe ata agora. Efectivamente, como di Pablo, a única carpeta con permiso rwx "completo" (777) é a chamada "albums" (xa comentaba que falaba de memoria, e ese detalle escapáraseme), e será nela onde poidas crear a túa. O que descoñecía é o dato que aportou na súa mensaxe: se en canto cambien o sistema de centros non se poderá facer así, é algo inútil aprender un procedemento que en breve non servirá de nada. Con todo, no noso centro cada vez acodimos máis a webs tipo slide.com para facer pequenas presentacións de fotografías. Aporta moito máis dinamismo á web, coa posibilidade de facer pequenas personalizacións en canto á forma de mostrarse. Saúdos!

As webs dinámicas e o FTP

Mmmmm, boas compañeiros. Primeiro de nada dicirvos que aínda que a día de hoxe é posible utilizar o servizo FTP para administrar as webs, en breve,coa actualización a multisite, isto será imposible.

De tódolos xeitos, a única carpeta que ten permisos 777 dentro da galría é "albums", proba a crear o directorio nesa carpeta. Si por algún motivo non repite o erro, selecciona a carpeta e preme en "Chmod" e activa tódolas casillas, incluidas as dúas que hai na parte inferior.

Pero insisto, non debemos aprender a facer cousas que sabemos que non imos poder utilizar. O noso compañeiro Alex (Siega - Verín) enlazou unha entrada no foro de cómo subir fotos en bloque.

Saúdos e ánimo!



forum | by Dr. Radut