Skip to Content

A xestión dos álbumes cando xa son moi numerosos

Se queremos manter a orde na Galería, cunha boa clasificación das imaxes en álbumes e categorías, despois duns poucos cursos xa é incómodo algo tan básico como subir imaxes. Calquera xestión que se fai cos álbumes implica buscar o que nos interesa nunha longa lista ordeada alfabeticamente. O único atallo e premer a tecla da inicial do álbum que nos interesa, pero pode haber moitos con esa inicial. Haberá algún módulo extra de Coppermine que permita navegar polos álbumes con máis facilidade, ou ben subir un grupo de imaxes a un mesmo álbum de golpe?

Publicar varias imaxes desde XP

Existe unha posiblidade que permite publicar aos adminsitradores e aos usuarios que teñan un album persoal.

O procedemento é o seguinte:

1. Ir ao enderezo web da galería desde un equipo que teña Windows XP (só é válido par este S.O.) e engadir despois de galeria/ o seguinte nome de arquivo: xp_publish.php

Por exemplo, se a URL da galería é http://centros.edu.xunta.es/nomecentro/ galeria/ habería que poñer: http://centros.edu.xunta.es/nomecentro/ galeria/xp_publish.php

2. Aparece unha páxina de texto onde buscaremos o enlace que di: 'este enlace' no apartado 'Como instalar en el lado del cliente'. Prememos sobre ese enlace para descargar un arquivo de rexistro.

3. Instalamos o arquivo de rexistro (doble clic sobre el e aceptar).

4. Feito isto xa poderemos entrar en calquera carpeta do noso ordenador onde teñamos imaxes que desexemos incluir na galería e, desde a carpeta de Windows, na marxe esquerda poderemos atopar unha nova opción no apartado de 'Tareas de archivo y carpeta' que di 'Publicar esta carpeta en Web'. Desde aí poderemos acceder á galería e publicar as imaxes desexadas.

Ollo, este procedemento instala unhas entradas no rexistro do PC, polo que non sería recomendable empregalo en PC de uso público. En calquera caso, sempre vai pedir o usuario e contrasinal para acceder á galería.

Podedes ver un vídeo de demostración no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/516

non me funciona 2

Sigo empeñado en conseguir que isto funcione. Xa puxen o modo debug, pero o que non sei e "téntao con unha soa imaxe e comproba as mensaxes de erro no xp_publish.log arquivo ubicado no directorio do Coppermine no teu servidor." Primeiro non sei onde esta o directorio do coppermine no meu servidor, e que é o que teño que mirar nesas mensaxes. Xa sei que non sei nada, pero quero intentalo.

Non me funciona

Uso o Xp sigo tódolos pasos pero, a resposta é "windows non pudo conectarse a internet o el servicio web devolvió una pagina de asistente no válida". Alguén sabe como podo facer? ou cal é o problema?


forum | by Dr. Radut