Skip to Content

Flash e mp3

Un par de dúbidas: 1. Cando adxuntamos un arquivo flash, o reproductor sempre aparece aliñado á esquerda. Probamos a facer cambios en "Embedding settings" para centralo pero non hai maneira. O ideal sería poder situalo en calquera posición do artigo como cando insertamos un YouTube. 2. Os arquivos mp3 adxuntos nun artigo reprodúcense perfectamente co reproductor de Flash (demasiado grande para isto), pero non con 1 Pixel Out, nin co xenérico de mp3. Non funcionan estes módulos ou os temos mal configurados? De momento asignamos os mp3 ao Wijering Flash, aínda que mentres que non se arranxen estes detalles preferimos non subir mp3 nin flash.

Re: Flash e mp3

Ola.

1. Efectivamente non hai forma de poder centrar o reproductor de vídeo, xa que a páxina o asume como un adxunto e seguramente a súa disposición e alineación estén contraladas pola CSS do tema en cuestión.

2. Tamén aquí estades no certo. Non é que teñades nada mal configurado senón que os arquivos MP3 funcionan co Wijering Flash. Aquí si estamos xa probando outros módulos para a reproducción dos MP3 que seguramente incorporemos na vindeira actualización.

Un saúdo.



forum | by Dr. Radut