Skip to Content

Novas da Xunta

Contenido sindicado
Actualizado: hace 1 hora 33 mins

A Xunta apoia o desenvolvemento da actividade investigadora do CIMUS con 2,7M€

Jue, 12/09/2024 - 12:37

Summary: 

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a directora xeral da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitan este centro de investigación

O financiamento permitirá reforzar a medicina de precisión e avanzar no desenvolvemento de novas terapias contra enfermidades crónicas

Idioma Gallego

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitaron hoxe as instalacións do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC para coñecer o traballo que están a realizar os seus 199 investigadores. O CiMUS é un referente internacional no estudo de enfermidades crónicas como a obesidade, patoloxías cardiovasculares, neurodexenerativas e cancro, grazas ao seu enfoque multidisciplinar e colaborativo.

O compromiso da Xunta de Galicia con este centro permitirá consolidar os proxectos en marcha, impulsar novas liñas de investigación e fortalecer o enfoque en medicina de precisión e investigación transnacional. Entre os avances tecnolóxicos máis destacados atópanse o desenvolvemento de plataformas avanzadas como o nanodelivery (uso de nanopartículas para o transporte de fármacos) e a secuenciación a nivel de célula única, que supoñen un salto cualitativo no tratamento personalizado de doenzas crónicas.

Os representantes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional subliñaron a importancia de seguir fomentando a colaboración entre o ámbito investigador e o empresarial, coa finalidade de promover a transferencia tecnolóxica e situar o CiMUS como líder na creación de novas terapias e fármacos.

Fitos científicos e tecnolóxicos

O CiMUS, creado en 2011, mantén un sólido compromiso coa excelencia científica, destacándose pola súa capacidade para captar fondos competitivos. Cabe salientar, a incorporación do CIMUS á Rede de Centros de Investigación en Excelencia da Xunta de Galicia no ano 2019, e renovada no ano 2024, que o dota dunha perspectiva de estabilidade a longo prazo imprescindible para a posta en marcha da súa ambiciosa estratexia. Deste xeito, a Xunta de Galicia apoiará o desenvolvemento da súa actividade con máis de 2,7M€ ata o ano 2027, favorecendo a estabilidade económica dos seus proxectos.

Entre 2020 e 2023, obtivo máis de 25 millóns de euros en proxectos e asinou 140 contratos con empresas, que suman 13,4 millóns de euros adicionais. Neste período, os investigadores do centro publicaron centos de artigos en revistas de alto impacto como Cell, Nature e Science.

Destaca a plataforma de descubrimento de fármacos Innopharma, unha das oito Plataformas de Altas Capacidades do Consorcio Europeo de Infraestruturas de Investigación Europea (ERIC EU-Openscreen) e que dispón dunha das quimiotecas máis importantes de España e Europa. A Xunta de Galicia achegou 5 millóns de euros nos últimos tres anos, de fondos europeos REACT-UE dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, para a adquisición e actualización do equipamento científico-tecnolóxico e a contratación de persoal especializado. A maiores, o Goberno galego leva inxectado neste centro de investigación máis de 6,6M€ para apoiar a súa actividade.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas da Xunta

Convocatoria programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais

Jue, 12/09/2024 - 12:31
Idioma Gallego

Resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no curso 2024/25.

 

File: 

Resolución do 10 de setembro de 2024 Anexo de solicitude

Tema: 

Programas e plans

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Colectivo: 

Alumnado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas da Xunta

Resolución provisional do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2024/25

Jue, 12/09/2024 - 12:25
Idioma Gallego

Achégase a Resolución provisional da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, coa relación dos centros seleccionados na modalidade de nova incorporación que se integran no Plan de mellora de bibliotecas escolares neste curso, así como as asignacións económicas correspondentes.

Ábrese un prazo de cinco días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación, para efectuar reclamacións ou renuncias.

 

Anuncio principal: 

Convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25

Tema: 

Programas e plans Plan LÍA Bibliotecas escolares

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Subdirección Xeral de Centros Servizo de Apoio Económico e Axudas ao Estudo

Colectivo: 

Profesorado Centros
Categorías: Novas da Xunta

Resolución definitiva de centros beneficiarios e non beneficiarios das axudas a centros públicos de ensino non universitario para participar no programa EduFrance no curso 2024/2025

Jue, 12/09/2024 - 12:20
Idioma Gallego

Resolución definitiva de centros beneficiarios e non beneficiarios das axudas a centros públicos de ensino non universitario para participar no programa EduFrance de intercambio de alumnado con centros educativos dependentes das Régions Académiques Hauts-de-France e Bretagne durante o curso escolar 2024/2025.

 

Anuncio principal: 

Convocatoria para a selección de centros públicos de ensino non universitario de Galicia para participar no programa EduFrance no curso 2024/25

Tema: 

Lingua estranxeira Programas e plans

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa

Colectivo: 

Alumnado Familias Centros

Sección: 

Linguas estranxeiras
Categorías: Novas da Xunta

Publicación da asignación de niveis de competencia dixital docente a roles e postos docentes para a acreditación de oficio

Jue, 12/09/2024 - 12:07
Idioma Gallego

O procedemento de acreditación de oficio realizarao a Administración tendo en conta a información xa rexistrada e que está en poder da Consellería. As persoas que opten a esta acreditación non terán que presentar solicitude.    

A acreditación de oficio será resolta antes do 27 de setembro de 2024 e poderá consultarse no Rexistro de Acreditación da CDD (en Fprofe), integrado no Rexistro Xeral de Actividades de Formación Permanente do Profesorado nos días seguintes na medida que os sistemas informáticos vaian facendo a carga paulatinamente. 

A partir do 27 de setembro, as persoas que desempeñaran algún rol ou posto docente recollido no anexo I da Resolución do 5 de xullo que non vexan reflectido no Rexistro de Acreditación da CDD o seu nivel poden dirixirse ao correo acreditacionCDD@edu.xunta.gal xustificando o desempeño dese rol/posto docente. 
 

Anuncio principal: 

Resolución do 5 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, coa convocatoria dos procedementos da acreditación da competencia dixital docente para o persoal docente non universitario dos centros educativos de Galicia

Tema: 

Información xeral Competencia Dixital

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultas

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Programas de Formación

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas da Xunta

Rueda anuncia un novo plan de investimentos para mellorar as infraestruturas educativas ata 2028 dotado cun orzamento inicial de máis de 210 M€

Mié, 11/09/2024 - 16:19

Summary: 

Destaca as obras de rehabilitación dun “edificio emblemático e con moita historia” coma o IES Valle-Inclán nas que a Xunta inviste 4,7 M€

Salienta que o curso escolar 2024-2025 é o primeiro no que Galicia aplica a gratuidade en todas as etapas educativas desde as escolas infantís ata a universidade

O novo curso arranca cun incremento récord de profesorado, a redución dos rateos ou a mellora da atención á diversidade

Idioma Gallego

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo fincapé hoxe no éxito do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, iniciado en 2021, “para adaptar os diferentes edificios ás novas necesidades” do ensino público e anunciou un novo plan de mellora das infraestruturas educativas “para os vindeiros tres anos” que contará cun orzamento inicial de máis de 210 millóns de euros. O obxectivo é poder levar a cabo preto de 200 intervencións no período 2025-2028. 

Así o salientou durante unha visita ao IES Valle-Inclán de Pontevedra, na que estivo acompañado polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, coincidindo co inicio do novo curso académico. Este mesmo centro está a ser obxecto, a través dun investimento público de 4,7 M€. O presidente fixo fincapé na importancia desta rehabilitación -que estará rematada a principios do ano que vén- xa que se trata “dun edificio emblemático e con moita historia”. 

O titular do Goberno galego quixo aproveitar para destacar a importancia do labor docente ao mesmo tempo que salientou os avances no sistema educativo galego nas últimas décadas, facendo referencia aos logros en excelencia, equidade e innovación. Cómpre destacar os bos resultados obtidos polos estudantes galegos no informe PISA e a redución da taxa de abandono escolar a mínimos históricos –apenas supera o 9 %–, así como a posición de Galicia como líder en equidade a nivel nacional e unha das comunidades autónomas mellor equipadas tecnoloxicamente.

Gratuidade en toda a etapa escolar

Neste contexto, Rueda lembrou que o curso escolar 2024-2025 será o primeiro no que Galicia implanta a “absoluta gratuidade” no ensino público “desde os inicios ata a universidade”. 

Ademais, outras das novidades para este curso, froito dun acordo histórico cos sindicatos, son o incremento récord do profesorado, a redución dos rateos nun 20 %, a mellora da atención á diversidade ou o Plan MEGA, orientado a fomentar o éxito escolar do alumnado con medidas como a atención ás necesidades educativas especiais, entre outras.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas da Xunta

Listaxe definitiva de persoas seleccionadas na modalidade B do programa Retorna Talento FP 2024/2025

Mié, 11/09/2024 - 09:57
Idioma Gallego

Publicada a listaxe definitiva de persoas seleccionadas para cada ensinanza ofertada, persoas excluídas e renuncias na modalidade B do programa Retorna Talento FP 2024/2025.

 

Tema: 

Programas e plans Escolarización

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción Laboral

Colectivo: 

Alumnado
Categorías: Novas da Xunta

Galicia contará este curso con 31.603 profesores, a cifra máis alta da historia no ensino da comunidade

Mar, 10/09/2024 - 13:05

Summary: 

Román Rodríguez sinala que o récord de docentes “é o resultado de distintas medidas e do compromiso da Xunta coa mellora continua na atención ao alumnado”

Explica que Galicia inicia este curso “a maior modernización do sistema educativo en 30 anos”, que avanzará progresivamente grazas ao histórico acordo sindical

Celebra que Galicia sexa “a primeira comunidade autónoma -e a única polo de agora- cun ensino público gratuíto desde as escolas infantís ata a Universidade”

Menos alumnos por aula, máis atención á discapacidade, coidado do rural e reforzo das Matemáticas e da lectura, entre as principais novidades deste curso

O maior investimento por alumno, os resultados de PISA ou a caída do abandono escolar son algúns dos datos que certifican a boa saúde da educación galega na súa aposta pola igualdade de oportunidades, a cultura de esforzo e a excelencia

Idioma Gallego

Galicia contará este curso cun total de 31.603 profesores, a cifra más alta da historia no ensino da Comunidade. Así o avanzou hoxe o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, quen compareceu no Pleno do Parlamento, a petición propia, para informar sobre as políticas educativas no inicio do curso escolar 2024-2025 que arranca mañá na Comunidade con 307.854 estudantes, 3.289 menos, especialmente nas etapas de Infantil e Primaria.

Este récord de docentes demostra a aposta do Goberno galego polo ensino baixo o liderado do seu presidente, Alfonso Rueda, e “é o resultado de distintas medidas que introducimos no sistema e do compromiso da Xunta coa mellora continua na atención ao alumnado”, afirmou Román Rodríguez. Aumenta o profesorado e o número de aulas malia ter menos estudantes grazas á batería de melloras que se estrean e que, como explicou, abren o proceso “de maior modernización do ensino galego dos últimos 30 anos”.

Esta cifra podería experimentar aínda algunha lixeira variación consecuencia de xestións finais, pero o conselleiro quixo compartila xa no Parlamento tal e como comprometeu durante o mes de agosto, un tempo no que os equipos técnicos non deixaron de traballar na preparación do curso. A eles, e a todos os profesionais que xa agardan a chegada do alumnado nos centros, transmitiulles o seu agradecemento e desexoulles un bo curso.

Enorme avance no último cuarto de século

“Superado o primeiro cuarto do século XXI, é o momento de sentar as bases da que será a educación galega do futuro”, expuxo Román Rodríguez. Antes de explicar cal será a folla de ruta, repasou os avances conseguidos nos últimos 25 anos, nos que Galicia consolidou “un modelo educativo propio que funciona” e que se basea “na igualdade de oportunidades, na cultura do esforzo e na excelencia e que está avalado polos resultados”.

Neste senso, enumerou cifras como o investimento, que medrou ata os actuais 3.000M€ e que sitúa a Galicia como unhas das comunidades que máis inviste por alumno, con case 1.000€ máis que a media española. E no apartado dos resultados, citou variables como o informe PISA, onde pasamos de estar por debaixo da media de España e da OCDE a liderar ámbitos como o científico, o pensamento creativo ou a equidade; e o abandono escolar, que diminuíu de case o 30% no 2000 ao actual 9%, o que nos coloca de novo nos primeiros postos estatais. Tamén o nivel de inglés ou a FP, cuxa inserción laboral medrou dun 30% no 2009 ao 85% actual, con case o dobre de estudantes dos que había entón.

“Estas cifras son froito de políticas estables, dunha visión a longo prazo e, por suposto, do traballo e do compromiso dos membros da comunidade educativa”, resumiu.

Cinco liñas mestras para un novo camiño

O conselleiro pasou entón a explicar “o novo camiño” que inicia este curso o ensino galego grazas ao histórico pacto asinado hai un ano con tres das catro organizacións sindicais representadas na Mesa Sectorial, a quen novamente agradeceu a súa altura de miras para acadar puntos de acordo que garantan a mellor educación a curto, medio e longo prazo e permitir o inicio de curso “coa maior batería de medidas e novidades en décadas”.

Precisamente este acordo é a primeira das cinco liñas coas que Galicia vai planificar a educación do futuro, adiantándose ao resto de España. Aí atópanse medidas como a mellora das rateos, cun 20% menos de alumnos por aula para dar unha mellor atención, e que este curso mantén abertas máis de 200 aulas que pecharían coas vellas rateos.

A mellora comeza xa en 4º de Infantil, que pasa dun máximo de 25 a 20 alumnos, e irase estendendo progresivamente ao resto de niveis, que xa se benefician doutras medidas que consolidan a Galicia como unha das comunidades con mellores rateos medias. Como lembrou, a nova lei educativa estatal foi unha oportunidade perdida neste senso, pois non modificou as rateos, de aí que Galicia decida agora adiantarse e facelo por si mesma.

Medidas pioneiras en España na atención á diversidade

A segunda das liñas é o Plan MEGA de mellora educativa de Galicia, aprobado a semana pasada polo Consello cun investimento de máis de 77M€. Del derívase o reforzo de docentes para alumnado con necesidades educativas especiais e vulnerable. Nese senso, recordou que Galicia se adianta ao resto de España ao computar de maneira especial o alumnado discapacitado, que contará por dous o por tres en función da súa situación.

Galicia xa era a comunidade máis inclusiva do Estado –como acreditan os datos do Ministerio de Educación– “e agora damos un novo paso incorporando unha medida pioneira en España que non existe en ningunha outra comunidade autónoma”.

O Plan MEGA tamén vai permitir o reforzo das Matemáticas e da lectura, o impulso dunha rede de centros referentes que sexan exemplos destacados en diversos campos e un programa de apoio para o alumnado estranxeiro que chega a Galicia. “Non só aspiramos a mellorar o rendemento académico, senón tamén a crear un ambiente que fomente o desenvolvemento integral de cada estudante”, declarou o conselleiro.

Máis de 278M€ e 2.700 obras para mellorar os centros

O Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, cunha renovación dos centros educativos sen procedentes, é a terceira das liñas. A Xunta leva investidos no período 2021-2024 máis de 278M€ en case 2.700 obras, cun novo modelo de arquitectura onde todo está ao servizo da aprendizaxe, facilitando espazos máis versátiles e mellor equipados para traballar en base a novas metodoloxías e propiciando unha maior eficiencia enerxética.

Este plan está a permitir a ampliación de 43 centros en toda a Comunidade e a construción do novo colexio do Milladoiro, en Ames, que vén de ser licitada. Respóndese así ás necesidades de matrícula en zonas con maior dinamismo demográfico, como se ten feito cunha vintena de centros desde 2009 cun investimento de 94M€. Ante isto, reclamou unha vez un Plan Nacional de Infraestruturas Educativas ao Ministerio de Educación.

Alongar á escolarización como mínimo ata os 18 anos

En cuarto lugar, Román Rodríguez abordou un novo impulso á Formación Profesional a través do novo Plan FPGal360 –outro compromiso electoral en marcha– co obxectivo do “de que ningún cidadán chegue aos 18 anos sen algún tipo de titulación que o habilite para entrar no mercado laboral” e afondar na redución do abandono escolar en Galicia.

En paralelo, continuarase co Plan Conecta, que este ano permite crear 46.714 prazas de novo ingreso para que todas as persoas que queiran cursar FP poidan facelo. Ao respecto, lembrou que segue aberto o período de matrícula e animou a inscribirse. Unha vez remate este período –avanzou–, a Consellería estará en disposición de facer balance.

Aforro de ata 3.000€ por fillo nas familias

Completan estas cinco liñas o reforzo integral das políticas de apoio ás familias. “Galicia xa é, deste curso, a primeira comunidade autónoma –e a única polo de agora– cun sistema educativo público gratuíto desde as escolas infantís ata a Universidade”, salientou.

Ás medidas xa en marcha desde hai varios anos, súmase agora a gratuidade da Universidade, o que permite un aforro medio por fillo de 3.000€. “O sistema educativo ten un poder transformador e é un dos recursos máis importantes dos que dispoñemos as administracións para dar as mesmas oportunidades a todos os cidadáns”, opinou o conselleiro sobre esta nova medida coa que se cumpre outro compromiso electoral.

A maiores, lembrou todo o abano de iniciativas coas que a Xunta aforra 100M€ ás familias galegas, como as axudas de libros de texto a material escolar, o reparto de 400.000 libros de balde, a conxelación dos prezos dos comedores ou a gratuidade do transporte, dous servizos estes últimos nos que Galicia inviste moito máis que a media española. 

Maior investimento e proximidade no rural

Román Rodríguez dedicou un apartado especial ao ensino rural, no que Galicia é un referente de proximidade a pesares da dispersión xeográfica ao contar con centros de Infantil e Primaria en máis do 90% dos concellos fronte á media de España do 55%. Isto esixe un maior investimento que posibilita que os estudantes teñan as mesmas posibilidades e acaden os mesmos resultados académicos, blindando así a equidade.

Tamén o rural se beneficia das medidas de mellora, ás que se suman algunhas concretas como o feito de manter abertos centros con cinco alumnos cando se aprecie unha evolución positiva da matrícula (aínda que o mínimo por razóns pedagóxicas e de socialización se sitúe en seis) ou a mellora nos agrupamentos. Se ata o pasado curso o número máximo de alumnos de distintos cursos de Infantil que compartían unha mesma aula era de 18, a partir deste curso será de 14, medida que se seguirá ampliando.

Un profesorado renovado e recompensado

No apartado de melloras, tamén abordou as da carreira profesional docente, que se traduce desde o pasado xaneiro en melloras retributivas para recompensar o esforzo dos docentes, especialmente dos que máis se forman e dos que asumen labores de responsabilidade. Só este ano, estes aumentos supoñen un investimento autonómico de 14 M€. Tamén melloras no horario lectivo, nunha menor burocracia ou na conciliación.  

Destas medidas poderán comezar a beneficiarse tamén os 1.256 novos docentes que veñen de obter unha praza nas oposicións realizadas este verán. Engádense ás 18.500 prazas convocadas en distintos procesos desde 2009 e que fan que Galicia teña hoxe a taxa de interinidade docente máis baixa do Estado logo dunha ampla renovación.

Na recta final da súa intervención, Román Rodríguez abordou outras iniciativas centradas na mellora da convivencia, nas linguas estranxeiras ou no ensino dixital, apostando por un modelo híbrido que combine papel e tecnoloxía e que se prepara para o despregamento da intelixencia artificial co obxectivo de aproveitala na administración educativa.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas da Xunta

A Xunta inviste máis de 278M€ en case 2.700 obras para modernizar e mellorar os centros educativos

Lun, 09/09/2024 - 16:03

Summary: 

Rueda salienta que o Goberno galego cumpre co Plan de nova arquitectura pedagóxica 2021-2024, unha folla de ruta “que non tiña precedentes ata o de agora”

Están en marcha o 98 % das intervencións incluídas na planificación, mentres que as restantes están xa comprometidas para a súa próxima execución

Amplíanse 43 centros cun fondo de case 68M€ para atender as necesidades de matrícula e de formación do alumnado en zonas con dinamismo demográfico

As intervencións buscan mellorar o confort de alumnado e profesorado, optimizar o consumo enerxético e dotar os centros de espazos máis actuais

Idioma Gallego

O Consello da Xunta analizou hoxe o balance desenvolvido pola Consellería de Educación, Ciencia, FP e Universidades a través do Plan de nova arquitectura pedagóxica no período 2021-2024. Nel, conclúese que o labor de rehabilitación e mellora de colexios e institutos supuxo un investimento de máis de 278 millóns de euros.

Tal e como salientou o presidente do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, “cumprimos con este plan que era moi ambicioso, que non tiña precedentes ata o de agora e que sen dúbida é moi importante na modernización dos centros educativos”.

Segundo destacou o máximo responsable do Goberno galego, “seguimos traballando para facer dos centros educativos públicos en Galicia espazos confortables, accesibles e axeitados ás novas políticas educativas que estamos poñendo en marcha”.

Así, o plan inclúe case 2.700 actuacións para mellorar as instalacións de escolas, colexios, institutos, centros integrados de FP e conservatorios dependentes do Executivo autonómico. Neste momento están rematadas, en execución ou licitadas o 98 % delas, por un importe de máis de 229M€. O 2 % restante xa está comprometido, de tal forma que boa parte xa contan con proxecto encargado ou en revisión para a súa próxima execución. O orzamento inicial para estas actuacións é de 49M€, cifra que se incrementará unha vez que os servizos económicos terminen de perfilar a intervención.

Por provincias, a distribución das actuacións e o seu orzamento é a seguinte:

Provincia

 

 

Obras en marcha: rematadas,
en execución ou licitación

 

Obras comprometidas

 

Grandes
obras

Obras pequenas
e medianas

Instalacións fotovoltaicas

A Coruña

107 actuacións

861 actuacións

20 actuacións

22 actuacións

64,3M€

12,5M€

         566.000 €

20,1M€

Lugo

46 actuacións

367 actuacións

14 actuacións

6 actuacións

27,5M€

7M€

         387.000 €

1,1M€

Ourense

28 actuacións

585 actuacións

7 actuacións

8 actuacións

25,8M€

13,1M€

         205.000 €

6M€

Pontevedra

132 actuacións

460 actuacións

21 actuacións

11 actuacións

63,2M€

14,2M€

         582.000 €

21,8M€

 

Construción e ampliación

Esta planificación comprende tanto obras de grande envergadura como a dotación de instalacións fotovoltaicas e as intervencións de pequena e mediana envergadura. As primeiras teñen períodos de execución de varios meses, de aí que as actuacións se desenvolvan en convivencia coa actividade escolar, algo no que a Consellería ten moita experiencia como demostra, por exemplo, a ambiciosa rehabilitación integral desenvolta no IES Valle-Inclán de Pontevedra, a de maior importancia con case 5M€. As obras de menor complexidade céntrase maioritariamente no verán, un momento en que se intensifica especialmente a actividade para aproveitar as vacacións do alumnado.

Como grandes obras inclúese a creación de novos centros, como a do Centro Galego da Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros (Ourense), o colexio do Milladoiro (Ames) ou o futuro Instituto IES Domingo Villar (Vigo). Estes dous últimos serán os primeiros centros educativos construídos de xeito íntegro baixo os parámetros do plan no que atinxe á accesibilidade, a flexibilidade e á relación coa contorna.

Cómpre salientar tamén as grandes ampliacións, casos que na súa meirande parte supoñen a construción de novos edificios e talleres. En concreto, a Xunta está a ampliar 43 centros de ensino cun investimento de case 68M€ para atender as necesidades de matrícula e de formación do alumnado. Están xa rematadas aos do institutos IES Sanxillao (Lugo, 1,8M€), IES Xesús Ferro Couselo (Ourense, 3,3M€) ou a do Centro Integrado de FP Carlos Oroza (Pontevedra, 2,8M€). Ademais, están xa en marcha outras de gran envergadura como a ampliación do Instituto IES Aquis Celenis (Caldas de Reis, 5,4M€) ou a do Centro Integrado de FP Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa, 3,7M€).

Cambio de cubertas, fiestras, iluminación

Ademais, e no marco do compromiso do Plan de nova arquitectura pedagóxica de avanzar na eficiencia enerxética dos centros educativos, as grandes obras inclúen tamén rehabilitacións integrais e as melloras sectoriais, estas últimas incluíndo cambios de cubertas, de luminarias ou de fiestras, principalmente. Todas elas están encamiñadas a mellorar o confort térmico e acadar destacados aforros no consumo de luz e calefacción.

Neste mesmo marco investíronse case 6,4M€ en dotar os centros educativos de seis instalacións de biomasa e 62 fotovoltaicas. Neste punto destaca a construción de dúas centrais de biomasa: o do rueiro educativo de Lugo que abastece diferentes centros educativos (2,2M€) e a do Colexio CEIP Xesús Golmar (Lalín, 1,1M€).

Aseos, accesibilidade, patios

A maiores, no período 2021-2024 executáronse 2.273 actuacións de pequena e mediana envergadura, orientadas a mellorar as instalacións dos centros e os seus servizos, e que van desde tarefas de pintado ata reformas de aseos, pequenas melloras de accesibilidade, obras de humanización ou arranxos de patios, entre moitas outras.

Só ao longo deste verán concéntranse 535 actuacións deste tipo nas catro provincias, por preto de 12,5M€, ao abeiro do Plan de benestar e accesibilidade na escola (Plan BEN_Estar 2024). Trátase da contía máis elevada dos últimos cinco anos.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas da Xunta

A Xunta incrementa nun 33% o investimento en I+D+i nas universidades e supera xa os 58M€ no período 2019/2024

Lun, 09/09/2024 - 15:56

Summary: 

O Consello da Xunta autoriza unha nova inxección de 4,6M€ para que os órganos universitarios intensifiquen a súa actividade investigadora e científica este ano

Estes novos recursos reforzan ata case 19M€ os convenios iniciais de 14M€ para o bienio 2023-24, e formalizaranse a través de addendas coa USC, UVigo e UDC

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia reforza o apoio ás universidades públicas galegas en materia de I+D+i cunha nova inxección orzamentaria de 4,6M€ para este ano, o que supón incrementar nun 33% a dotación inicial acordada correspondente ao período 2023-24 para impulsar esta liña prioritaria do Plan Galego de Financiamento Universitario.

Deste xeito, a través das respectivas addendas autorizadas hoxe polo Consello da Xunta coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa de Vigo (UVigo) e coa da Coruña (UDC), estas pasarán a percibir preto de 19M€ fronte aos 14M€ iniciais co fin de fortalecer e enriquecer as súas infraestruturas científicas e equipamento tecnolóxico. Este reforzo supón, ademais, consolidar un investimento de máis de 58M€ en accións estratéxicas de I+D+i nas universidades públicas galegas no período 2019/2024

Así pois, as tres universidades pública galegas poderán ampliar, implementar e reforzar as accións previstas no convenio asinado en 2023 e que agora se enriquece cunha nova dotación orzamentaria por parte do Goberno galego, o que lles permitirá intensificar a actividade investigadora e aumentar a produtividade científica mediante a diversificación na chegada de recursos.

Entre os conceptos obxecto de financiamento está o reforzo dos centros de excelencia da Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia, así como a captación e retención de talento investigador, o impulso e divulgación científica, estratexias para promover as titulacións duais e accións para a especialización dos campus. Tamén se inclúen as obras, o acondicionamento de laboratorios e adquisición de equipamento tecnolóxico de alta especialización.

Universidade de Santiago, 7,7M€

No caso da USC, recibirá case 1,2M€ máis sobre os 6,5M€ do período 2023-24, polo que a contía final elévase a máis de 7,7M€. Con esta nova inxección, a Universidade compostelá vai reforzar as contías de apoio aos seus centros de investigación, á ampliación de contratos posdoutorais, aos seus centros da rede de Centros de Investigación, a actividades de divulgación da investigación e a promover melloras da calidade dos seus mestrados, entre outros.

Universidade de Vigo, 5,8M€

Na Universidade de Vigo (UVigo), a contía total para 2023-24 elévase a máis de 5,8M€ con esta nova achega de 2,35M€ que neste caso concentrará en afianzar obras singulares de apoio á investigación, intensificar o apoio aos seus centros de investigación, o desenvolvemento de accións de alto impacto en I+D+i, captación de talento e promoción da calidade da docencia.

Universidade da Coruña, 5,2M€

No caso da Universidade da Coruña (UDC) recibirá una inxección de 1,08M€ ata acadar unha contía total de máis de 5,2M€ entre 2023 e 2024. Con este reforzo, afianzará as accións de impacto xa previstas co impulso específico do desenvolvemento do proxecto SIGMA ACADEMICS (un novo software de xestión académica integral), o reforzo dos campus de especialización e dos laboratorios tecnolóxicos, entre outros.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas da Xunta

A Xunta destina 1,6M€ en axudas ás asociacións de nais e pais para xestión do comedor escolar este curso

Lun, 09/09/2024 - 13:03

Summary: 

A Consellería de Educación abre o prazo desta convocatoria, cuxa contía se reforzou nos últimos anos, ata o 10 de outubro

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia destina un total de 1,6M€ en concepto de axudas ás asociacións de nais e pais que xestionan comedores escolares durante este curso escolar co fin de axudar ás familias no prezo do menú por comensal. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para que as entidades poidan adherirse a esta liña de axudas, e dispoñen de prazo ata o día 10 de outubro para tramitar a correspondente solicitude de xeito telemático.

O importe das axudas irá destinado a sufragar os gastos de xestión do servizo de comedor escolar que abranguen o custo diario do menú de mediodía por comensal, a vixilancia e coidado do alumnado durante o uso do servizo, os gastos de mantemento, persoal e limpeza, así como os de enxoval, materiais e utensilios para a prestación do servizo.

O Goberno galego reforzou nos últimos anos a partida achegada ás anpas por este concepto, o que fai que estas asociacións reciban hoxe case o tripo do importe que se destinaba a esta liña de axudas antes da pandemia.

Estas axudas enmárcanse dentro da liña de apoio ao servizo de comedor escolar, comedores que xestiona a Xunta de Galicia e os concellos, que tamén cofinancia a Consellería de Educación. Forma parte, ademais, das distintas medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia para aforrarlle este curso ás familias máis de 100M.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas da Xunta

Román Rodríguez garante que a Xunta de Galicia continuará reforzando o financiamento universitario e empraza ao Goberno central a facer o mesmo

Dom, 08/09/2024 - 13:22

Summary: 

O conselleiro afirma nunha entrevista na Radio Galega que as universidades cobrarán este mesmo mes os ingresos derivados de matrícula gratuíta

Galicia xa ten todo listo para o inicio do curso o mércores no resto de niveis tras un verán intenso de obras e a estrea de novas medidas de mellora do ensino

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, afirmou hoxe nunha entrevista na Radio Galega que a Xunta seguirá reforzando o financiamento universitario e emprazou ao Goberno central a facer o mesmo, dado que Galicia xa é unha referencia nesta materia.

Ante o inicio do curso universitario, que comeza mañá luns, o representante do Executivo galego asegurou que se traballará “para que Galicia se converta nesta lexislatura na primeira comunidade autónoma en acadar o 1% do PIB en recursos públicos nas universidades”. Román Rodríguez asegurou que se “fará realidade este compromiso electoral, pois xa somos unha das comunidades que mellor financia estas institucións”. Grazas a iso, Galicia aspira a ser a primeira autonomía en acadar este fito, con moita antelación sobre o obxectivo marcado a nivel estatal, que está fixado para 2030.

“Todas as comunidades pedimos recursos ao Goberno central -explicou-. Pero con independencia diso, nós fixemos previsións de transferencias ás universidades e nestes momentos pensamos que podemos chegar a ese reto”, declarou o conselleiro. De feito, sinalou que este ano se superan por primeira vez os 500M€ en achegas, cun plan plurianual “que posibilita que as universidades teñan certezas sobre os ingresos que van ter para planificar o seu ámbito de xestión”, novamente unha excepción en España. 

O conselleiro puxo en valor tamén a matrícula gratuíta da que se comezan a beneficiar os estudantes universitarios este curso. E subliñou que todo o proceso e a loxística necesaria se desenvolveu con normalidade pese á novidade e complexidade técnica. Así mesmo, avanzou que as universidades non terán problemas de tesourería por esta medida porque a Xunta “transferiralles este mesmo setembro -con dous meses de adianto sobre o inicialmente previsto- os fondos que deixaron de ingresar polas matrículas gratuítas”.

Un novo camiño

O titular de Educación tamén expuxo que está todo listo para o comezo do curso no resto de niveis o próximo mércores, un ano lectivo no que se emprende a maior modernización do sistema dos últimos 30 anos con melloras no número de alumnos por aula, na atención á diversidade, no rural ou no reforzo de diferentes programas educativos e competencias como lectura e Matemáticas. “Esta modernización ten unha dobre perspectiva, a organizativa e os programas vencellados ao carácter didáctico e docente”, indicou.

A Consellería de Educación, que está realizando actuacións de renovación, ampliación e mellora dos centros educativos co obxectivo de adecualos ás novas tendencias a través do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, logrou incrementar o número de aulas e de profesores a pesar da baixada de alumnado. Trátase dun fito que o conselleiro atribúe ao acordo histórico con tres das catro organizacións sindicais da Mesa Sectorial. 

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas da Xunta

As empresas interesadas na execución das obras do novo colexio do Milladoiro, en Ames, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 8 de outubro

Dom, 08/09/2024 - 13:18

Summary: 

A Xunta vén de licitar por preto de 9,8M€ a obra de construción do novo CEIP do Milladoiro, co obxectivo de que estea operativo no curso 2026/27

Trátase do primeiro centro construído integramente en base aos parámetros do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica e dá resposta á necesidade de prazas nun dos concellos de maior dinamismo demográfico

O colexio será totalmente accesible e contará con espazos multidisciplinares, flexibles e adaptados ao ensino do século XXI

Idioma Gallego

As empresas interesadas na execución das obras do novo colexio do Milladoiro, no concello de Ames, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 8 de outubro.

A Xunta vén de licitar por 9.784.127 euros a obra de construción do novo CEIP do Milladoiro, e o obxectivo é que o centro estea operativo no curso 2026/27. As obras teñen un prazo de execución de 18 meses.

Trátase do primeiro centro construído integramente en base aos parámetros do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica e un compromiso da Xunta de Galicia para dar resposta á necesidades de prazas nun dos concellos de maior dinamismo demográfico de Galicia. A actuación, que licita hoxe a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas será sufragada con fondos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, co cofinanciamento dos fondos europeos.

Características do novo colexio

O colexio será totalmente accesible e contará con espazos multidisciplinares, flexibles e adaptados ao ensino do século XXI. Cunha superficie construída de 4.384,73 m² distribuída en dous andares, o colexio contará con seis aulas de Infantil e 12 de Primaria, cos aseos correspondentes, así como outras catro de apoio educativo e desdobramento de grupos, aula de música e sala de usos múltiples. 

A biblioteca terá acceso directo desde o vestíbulo e desde o exterior e o ximnasio terá dúas alturas, gradas e vestiarios. Tamén estará dotado con área de administración (con despachos, conserxería, local para a anpa, etc) comedor e zonas de servizos comúns.

De acordo co establecido no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, o centro estará dotado dun foro multifuncional que servirá como espazo de aprendizaxe aberto. Situarase no espazo central do primeiro andar, entre as aulas de Primaria e as de desdobre, creando unha relación entre as diferentes estancias e conectándose co patio mediante unha gran fiestra protexida da incidencia do sol.

Ademais, o novo colexio terá un espazo específico para Polo Creativo, no que o alumnado poderá traballar as competencias STEM a través de proxectos de robótica ou intelixencia artificial, equipado cos materiais necesarios. No que atinxe aos espazos exteriores, estará dotado de zona cuberta e descuberta exterior para as aulas de Infantil e de pista polideportiva cuberta e descuberta. 

Accesible

A accesibilidade do edificio plantéxase desde un punto de vista universal e inclusivo, evitando calquera tipo de barreira, con accesos directos tanto desde o interior como desde o exterior do edificio a boa parte das estancias. Deste xeito, o proxecto propón itinerarios de circulación intuitivos e libres de obstáculos, en prol dunha orientación más sinxela, e espazos de comunicación ben iluminados con luz natural. Isto completarase coa colocación de sinalética de gran tamaño e cor facilmente visibles. 

Ademais, tanto no exterior do edificio como nos espazos interiores haberá superficies podotáctiles que guíen ao acceso, vestíbulo e outros puntos de importancia del edificio. Os diferentes espazos exteriores serán tamén accesibles a todos mediante ramplas.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas da Xunta

A Xunta e o Colexio oficial de Arquitectos de Galicia renovan a colaboración para desenvolver nos centros escolares o ‘Proxecto Terra’ co fin de concienciar sobre o respecto ao territorio e á paisaxe

Sáb, 07/09/2024 - 17:39

Summary: 

O Goberno galego financia nun 90% as actuacións previstas neste convenio, que suporán un investimento de 360.000€

María M. Allegue explicou que o Proxecto Terra 2024-2026 se dirixe aos estudantes de Educación Infantil, Primaria e Secundaria para reforzar o coñecemento sobre a arquitectura da comunidade e a identidade territorial 

Román Rodríguez salientou a evolución deste proxecto que se adapta á “Galicia de hoxe” 

O programa Terra recibiu no 2010 o Premio Nacional de Urbanismo, sendo a primeira vez que se outorgaba a un programa educativo

Trátase da realización de actividades amenas, con material didáctico específico para cada ciclo, que contribúen á sensibilización sobre os espazos que habitamos

Idioma Gallego

A Xunta e o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) renovan a colaboración para continuar desenvolvendo nos centros escolares o Proxecto Terra e concienciar aos rapaces sobre o respecto ao territorio e á paisaxe.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, asinaron hoxe este convenio de colaboración co presidente do COAG, Luciano González. 

No acto tamén estiveron presentes o secretario xeral de Vivenda, Heriberto García, e a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), Victoria Núñez.

As actuacións previstas no marco deste convenio, que se levarán a cabo ata o ano 2026, suporán un investimento de 360.000€, un orzamento que será financiado nun 90% por parte da Xunta.

María M. Allegue explicou que o obxectivo desta iniciativa é mellorar o coñecemento dos cidadáns, especialmente das xeracións máis novas, sobre a arquitectura da comunidade, así como da súa identidade territorial.

Pola súa parte, Román Rodríguez salientou a importancia deste proxecto que se dirixe aos alumnos das diferentes etapas da educación obrigatoria: Infantil, Primaria e Secundaria, e que se adapta á “Galicia de hoxe”. “Ao longo deste curso que comeza e do próximo actualizaranse as unidades didácticas e materiais, ademais de formar aos profesorado neste eido”, sinalou o titular de Educación. “O alumnado galego terá posibilidade a través deste programa de realizar visitas guiadas, obradoiros e intercambios territoriais, entre outras iniciativas que formarán un pensamento crítico e respectuoso sobre o hábitat”, engadiu. 

Para o Colexio de Arquitectos de Galicia, o proxecto TERRA “resulta esencial”, tal e como subliñou o decano do COAG, Luciano Alfaya. Así, incidiu na pegada que este proxecto deixou en milleiros de nenas e nenos de todo o país: “fixéronse accións educativas en Primaria e Secundaria coa implicación do profesorado, e realizáronse actuacións en centros espallados por toda Galicia que contribuíron a formar unha ollada responsable sobre as maneira de construír o territorio”.

Deste xeito, este programa consiste na realización de actividades amenas e creativas que contribúen á sensibilización e formación sobre os espazos e lugares habitados, a paisaxe e o dereito ao hábitat.

Nos centros educativos traballarán con material didáctico deseñado especificamente para cada etapa educativa. Así, o hábitat estúdase afondando en diferentes aspectos, como son a paisaxe, o territorio, o urbanismo, a arquitectura ou o medio ambiente.

Cómpre lembrar que o Proxecto Terra naceu hai máis de 20 anos e dende o ano 2003 a Xunta e o COAG manteñen a colaboración na elaboración de actividades didácticas, co fin de formar á comunidade educativa en temas relacionados co territorio.

A conselleira lembrou que no ano 2010 o Proxecto Terra recibiu o Premio Nacional de Urbanismo, sendo a primeira vez que se outorgaba a unha iniciativa educativa.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas da Xunta

Román Rodríguez avanza que Galicia será nesta lexislatura a primeira comunidade autónoma en acadar o 1 % do PIB no financiamento público das universidades

Vie, 06/09/2024 - 16:26

Summary: 

Destaca que a Universidade galega é a máis accesible e mellor financiada de España e anima a seguir traballando xuntos para afrontar os retos de futuro

Subliña a entrada en vigor, por primeira vez este curso, da matrícula gratuíta, unha medida pioneira en España que blinda a igualdade no acceso á educación superior

Comprométese a seguir reforzando o Plan de Financiamento, que este ano supera por primeira vez os 500 M€ de investimentos por parte da Xunta

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, avanzou hoxe que Galicia se converterá nesta lexislatura na primeira comunidade autónoma en acadar o 1 % do PIB en recursos públicos transferidos ou captados polas universidades. Lograrao con moita anticipación dado que este é un obxectivo xeral para toda España cuxo cumprimento se fixa en 2030.

O representante da Xunta afirmouno con motivo da apertura do curso académico 2024-25 do Sistema Universitario Galego nun acto no que tamén interveu o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, e ao que asistiron os reitores da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, e da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, así como o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo. No Paraninfo da UDC, Román Rodríguez destacou que as universidades galegas son hoxe as máis accesibles para os estudantes e as mellor financiadas de todo o Estado e animou a seguir traballando con coordinación e desde o consenso para afrontar con éxito os desafíos de futuro aos que se teñen que enfrontar as universidades nos próximos anos.

Na súa intervención, o conselleiro subliñou a posta en marcha, por primeira vez este curso, dunha “medida histórica” a nivel estatal como é a gratuidade da matrícula universitaria para os estudantes das tres universidades públicas. Trátase, afirmou, dunha medida “sen precedentes” que “democratiza aínda máis” o acceso ao ensino superior en Galicia e blinda a igualdade de oportunidades, preservando ademais a cultura do esforzo.

Mobilización de 3.200 millóns de euros

Tamén puxo en valor o Plan de Financiamento Universitario como “sinal de identidade” de Galicia, dado que a meirande parte das comunidades non contan cunha planificación a varios anos vista, consensuada cos equipos reitorais, que garante o financiamento estrutural estable. O Plan actual mobiliza case 3.200 M€ en todo o período de vixencia.

Trátase dunha senda de financiamento que incrementa cada ano os recursos públicos das institucións universitarias e que este ano supera por primeira vez os 500 M€ da Xunta a tal fin. Isto, en palabras do conselleiro, fai “que sexamos das comunidades autónomas que mellor financian as súas universidades” ao tempo que lles permite unha previsión de gastos e unha planificación previa e segura, cuestión que foi posible acadar grazas “á altura de miras” e a perspectiva de “diálogo construtivo” entre todas as partes.

Conectar a  universidade coa súa contorna

En opinión de Román Rodríguez, é o momento de avanzar en novos desafíos para que o potencial da comunidade universitaria “se traduza nun impacto real na sociedade” cunha universidade “conectada ás transformacións e ás esixencias da estrutura produtiva a través da transferencia de  coñecemento”.

Un dos aspectos claves deste reto é contar cun sistema de I+D+i forte e maduro, para o cal Galicia debe seguir fomentando o seu tecido investigador e científico para gañar competitividade e captar talento desde as universidades como piar do ecosistema investigador galego. Para isto, o conselleiro propón avanzar nunha “fórmula propia” que, partindo da investigación básica, “dea prioridade á utilidade, á innovación e ao coñecemento con beneficios nos nosos sectores produtivos e na nosa cidadanía”.

Maior porcentaxe de España en I+D+i

Se ben nestes momentos as partidas vinculadas directamente á I+D+i representan o 25 % do financiamento universitario, a maior porcentaxe de España, desde o Goberno galego apóstase por seguir reforzando as sinerxías entre os centros tecnolóxicos universitarios para construír redes máis potentes e acelerar o impacto dos resultados.

Román Rodríguez pechou a súa intervención facendo fincapé na necesidade de seguir “camiñando xuntos” nos novos desafíos para garantir unha universidade “comprometida, de calidade e con visión de futuro” e para afrontar “con valentía” cuestións como a renovación da oferta académica, o reto demográfico ou a internacionalización.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas da Xunta

Admisión FP: Ciclos liberados ou con prazas vacantes. Curso 2024-2025

Vie, 06/09/2024 - 14:14
Idioma Gallego

Publicación de ciclos e cursos de especialización de FP con prazas liberadas.

  • Oferta dual intensiva
  • Oferta ordinaria.
  • Oferta modular.
  • Cursos de especialización
  • FP básica

 

Máis información.

Tema: 

Escolarización

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación Profesional

Colectivo: 

Alumnado
Categorías: Novas da Xunta

Convocatoria do II Premio ConVivimos 2024 de convivencia e benestar emocional para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2023/24

Vie, 06/09/2024 - 09:53
Idioma Gallego

A Consellería de Educación Ciencia, Universidades e Formación Profesional , vén de convocar a segunda edición do  Premio ConVivimos 2024 de convivencia e benestar emocional. O galardón vai dirixido aos centros docentes públicos dependentes desta consellería e está dotado dunha contía total de 18.000 euros.

Este galardón nace co obxecto de recoñecer, a través de actuacións e proxectos de carácter individual e/ou colectivo, o esforzo e alto grao de compromiso dos centros educativos na mellora da convivencia e do benestar emocional. Este premio forma parte da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 estando financiado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a través do Programa de Bienestar Emocional en el ámbito educativo.

Os centros docentes poderán participar en dúas categorías:

Categoría A: destinada a educación infantil e educación primaria.

Categoría B: destinada a educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial.

Concederase para cada categoría, catro premios:

Categorías

Premio

Importe

A

1º premio

5.000€

2º premio

2.500€

3º premio

1.000€

Mención de honra

500 €

B

1º premio

5.000€

2º premio

2.500€

3º premio

1.000€

Mención de honra

500 €

 

Este premio é compatible coa concesión de calquera outro do que sexan beneficiarios os centros ou persoas participantes.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución na web da consellería  (https:// www.edu.xunta.gal/portal/ ).

File: 

Resolución do 16 de xullo de 2024: Convocatoria

Tema: 

Programas e plans

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultas

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia

Colectivo: 

Alumnado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas da Xunta

Román Rodríguez subliña o “papel vertebral” do profesorado xunto coa “estabilidade das políticas públicas” como as claves do éxito do ensino galego

Jue, 05/09/2024 - 14:12

Summary: 

O conselleiro inaugura a segunda xornada de formación para os case 800 docentes de Secundaria que se incorporan ás aulas tras superar as oposicións do verán

O titular de Educación anima aos novos profesores a emprender “con ilusión e determinación” a tarefa de formar desde as aulas “a Galicia do futuro”

Compromete o acompañamento da Xunta nun curso que arranca con medidas novidosas como a redución das rateos e o Plan MEGA de atención personalizada

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, destaca que o “papel vertebral” do profesorado xunto coa “estabilidade” das políticas públicas desenvolvidas polo Goberno galego son as razóns fundamentais dos bos resultados educativos que está acadando Galicia en variables como a calidade, a equidade e a atención á diversidade, entre outros. Así o sinalou esta mañá durante a segunda xornada de formación, desta vez para os 782 profesores de Secundaria, FP e escolas oficiais de idiomas que, xunto cos 474 docentes de Infantil e Primaria que participaron na xornada de onte, se incorporan novos este curso ás aulas galegas tras aprobar as oposicións deste verán.

Ademais de felicitalos polos resultados obtidos tras un proceso selectivo “moi esixente e competitivo”, o titular de Educación aproveitou para animar aos novos docentes a emprender “con ilusión e determinación” a tarefa de formar, desde as aulas, “a Galicia do futuro”. “O que fagamos o día de hoxe vaise ver o día de mañá. E canto mellor o fagamos nas nosas aulas, mellor será o futuro de cada unha das persoas a nivel individual e tamén o futuro de Galicia”, aseverou.

Nesta liña, Román Rodríguez comprometeu o apoio da Administración autonómica para seguir traballando de cara a novos desafíos como os demográficos, os tecnolóxicos e os desafíos sociais vencellados á convivencia, á diversidade e á inclusión. De feito, este curso comeza coa implementación dunha serie de novas medidas, como a redución do número de alumnos por aula, o reforzo da atención ao alumnado con necesidades, a mellora das condicións do profesorado e a posta en marcha do Plan MEGA, cunha batería de novas accións centradas na personalización e o apoio na aula.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas da Xunta


by Dr. Radut