Skip to Content

Graduación do alumnado de bacharelato 2015-2017

O venres, día 29 de maio, celebrouse o acto de graduación dos alumnos de bacharelato da promoción 2015-2017 no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria.

O evento, moi concorrido por todos os membros da comunidade educativa, foi de gran emotividade. Nel, falaron un representante do alumnado, outro do profesorado e por último o director do centro, que destacou que nove alumnos do Xograr poderán concorrer aos premios extraordinarios de bacharelato, ao acadar máis dun 8,75 de media na etapa.

Unha fantástica actuación musical de Lucía Pombo e David Vila puxo o broche final a esta xornada.

Podedes ver máis fotos premendo aquí

 



page | by Dr. Radut