XXVIII Congreso de ENCIGA

Os días 19, 20 e 21 de novembro de 2015 celebrarase no noso centro o XXVIII Congreso de ENCIGA.

ENCIGA é unha asociación de profesoras e profesores de Ciencias que tenta mellorar a calidade do ensino nas áreas matemático-científico-tecnolóxicas nos niveis educativos non universitarios. Celebra un congreso anual que este ano terá lugar no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, do que nos sentimos moi honrados, xa que permitirá que case 300 profesores de toda Galicia, e incluso doutras comunidades, coñezan o noso Centro e a nosa Vila.

Durante o Congreso presentaranse 50 comunicacións e obradoiros de distintas temáticas: Ciencias Naturais, Física, Química, Matemáticas, Tecnoloxía e Interdisciplinares, con preto de 100 conferenciantes. Tamén haberá 5 exposicións e 5 visitas guiadas pola comarca.

Cada día haberá tamén unha conferencia plenaria que estará aberta ao público en xeral, en concreto:

Xoves 19, ás 20:15

ANÁLISE NON LINEAL, Impartida polo profesor Dr. Alberto Cabada Fernández, Catedrático de Análise Matemática na Universidade de Santiago de Compostela.

Venres 20, ás 19:00

HOMENAXE A VICENTE VÁZQUEZ QUEIPO, impartida
pola profesora Mercedes Sampayo Yáñez, Catedrática de Ensinanza Secundaria xubilada.

Sábado 21, ás 13:00

REFLEXIÓNS DUNHA DOCENTE E INVESTIGADORA GALEGA EN LONDRES, impartida pola profesora Olalla Castro Alvaredo, Investigadora e Docente na City University London.

Benvidos ao Xograr, benvidos a Sarria

Carta de Presentación do Congreso

Programa

Libro Guía do XXVIII Congreso de ENCIGA

      ies.xograr.afonso@edu.xunta.es   

Ánxel Fole s/n  - 27600 - SARRIA (Lugo)

982.531.051 (Teléfono) - 982.530.432 (Fax) 

Mapa de situación (GPS: 42.773483, -7.407625)

 CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS ONLINE

Atención pais , nais, profesores, persoal non docente:

Acabades de terminar a lectura dun libro e non sabedes que ler? Desde o club de lectura on-line, deixámosvos algunhas suxestións: autores moi recoñecidos

como Murakami, autores galegos como Xabier Quiroga ou Pedro Feijoo, grandes éxitos de vendas como La chica del tren e libros para compartir cos vosos fillos.

Animádevos a contarnos a experiencia da súa lectura, deixando o teu comentario no blog,  Atopades no documento adxunto a lista dos libros suxeridos.

So tedes que vir pola biblioteca e solicitalos. Grazas pola participación!!!

Lista de títulos

INICIO DO CURSO 2015/2016 E NOVO HORARIO

Martes 15:

12:45 hs. - Presentación de todos os cursos nas aulas respectivas cos seus titores/as.

Os pais e nais do alumnado que se incorpora por primeira vez ao Centro que o desexen serán recibidos polo Director no Salón de Actos ás 13:00hs.

Haberá servizo de transporte e comedor escolar.

Mércores 16:

Comezo das actividades lectivas no novo horario aprobado para este curso:

  • ESO e BAC

De luns a xoves: 8:40 a 14:30 hs.

Venres: 8:40 a 14:15 hs.

  • CICLO

Luns e Martes: 8:30 a 15:10 hs.

Mércores, Xoves e Venres: 8:30 a 14:45 hs.

 LIBROS DE TEXTO 2015/2016

Xa podedes consultar os libros de texto do curso 2015/2016

 EXAMES DE SETEMBRO 2015/2016

Consulta os días e horarios dos exames de setembro

1º PREMIO INOVACIÓN EDUCATIVA

O venres 23 de xaneiro celebrouse en Santiago o acto de entrega da terceira edición dos premios á innovación educativa “Escola Viva”, convocados por FETE-UGT Galicia e Escola Viva. “Disfruta e baila ao son do Xograr” do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria recibiu o primeiro premio, no transcurso do acto que se celebrou no Hotel Congreso de Teo.

Estes premios foron convocados por FETE-UGT Galicia e Escola Viva co obxectivo de recoñecer o labor daqueles docentes que levan a cabo experiencias didácticas innovadoras nos seus centros, co fin de mellorar a formación do seu alumnado.

En total presentáronse 42 traballos de centros de toda Galicia e o xurado outorgou dous premios e catro accesits. O primeiro galardón, que recibiu unha cuantía de 1.000 euros, foi para o proxecto “Disfruta e baila ao son do Xograr”, presentado polos profesores Mª Nazareth Ascariz Ferreira, Sonia Carmen Cantalapiedra Álvarez (coordinadora), José Antonio Corujo Rodríguez, Susana Cuevas Díaz, Ana Belén Durán Pernas, Evaristo Pardeiro López e Bernardo Sánchez Ouro do IES Xograr Afonso Gómez.

O premio foi doado polos gañadores ao Centro. NORABOA E GRAZAS a todos eles por facer que o Xograr sexa cada día mellor.

Nota de prensa Fete-UGT

VIAXE A NEVE

Aquí tedes o documento de presentación que se empregou na reunión informativa sobre a viaxe a Andorra que realizará o alumnado de 3º da ESO e 1º de BAC.

Viaxe a Andorra 2015

 INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO CO IES FONTEM ALBEI DA FONSAGRADA

Tres alumnos de ESO participan nun concurso de

posters en lingua francesa

Os alumnos Adrián No Pérez, de 1º ESO C, Brandan Corredoira Fernández, de 2º ESO B, e Alba Díaz Rodriguez, de 4º ESO B, resultaron seleccionados nos seus respectivos niveis para participar no concurso organizado pola Asociación de Profesores de Francés de Galicia.

Desta volta o alumnado tiña que preparar un poster en tamaño A3 sobre unha rexión de Francia, elexida libremente, mezclando textos en lingua francesa con dibuxos, fotos, recortes, etc. No noso instituto participaron numerosos alumnos de 1º, 2º e 4º ESO, que elaboraron notables traballos. As normas do concurso, que ten diversos premios pedagóxicos, non permitían mandar máis de 3 posters por centro escolar, resultando seleccionados os citados alumnos. Adrián No fixo un sobre a rexión de Alsace, Brandan Corredoira sobre Rhône-Alpes e Alba Díaz sobre Île de France.

ÚLTIMO NÚMERO DA REVISTA "AQUÍ E AGORA"

                                                        O Xograr: Centro Cardioprotexido

Recentemente, o noso centro adquiriu un DESA (Desfibrilador Semiautomático) coa idea de convertinos nun dos primeiros centros CARDIOPROTEXIDOS de Galicia. Isto significa que o noso instituto conte cos medios materias e humanos que poidan evitar unha desgraza, no caso de producirse algunha  emerxencia cardiovascular.

Cómpre ter en conta que:

  • A mortalidade por enfermidades cardiovasculares en Galicia é a principal causa de morte. Preto de 10.000 persoas ao ano morren en Galicia por estas doenzas.
  • Un 75% podería sobrevivir cunha atención inmediata.
  • Aproximadamente, a un 50% das persoas que sofren un accidente cardiovascular non se lles practica ningunha manobra de reanimación antes da chegada dos servizos médicos.
  • Cada minuto que se demoran as manobras de resurrección diminúen entre un 7% e un 10% as posibilidades de supervivencia e aumentan os riscos de padecer danos.

Por estas e outras moitas razóns, coidamos que, agora que temos o DESA e que estamos concienciados da súa importancia, compre que o maior número posible de membros da comunidade educativa esteamos formados nas manobras de RCP e Uso do Desfibrilador Semiautomático. Para procuralo, o centro está a organizar unha primeira xornada de formación que se fará o próximo día 13 de marzo no ximnasio do Instituto e na que participará a meirande parte do profesorado e do persoal de administración e servizos. Para impartila, contaremos coa colaboración do Persoal do 061 e do profesorado de Educación Física do centro. Como curiosidade, comentar que faremos prácticas cun boneco de adestramento do 061 ao que se lle poden aplicar descargas con DESAS reais e que responde a distintas casuísticas, polo que practicaremos co noso propio DESA. Neste senso, convén salientar que, dende xa fai anos, o alumnado do centro xa recibe esta formación como parte do curriculum de Educación Física e do Ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

GALERÍA DE FOTOS DA "SEMANA BRANCA"

XURXO SOUTO PARTICIPOU NA PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB LECTOR “O XOGRAR LECTOR”

A primeira sesión presencial do Club Lector  “O Xograr Lector”,  no que participaron un total de 15 alumnos de ESO e Bacharelato, así como diversos  profesores, contou coa presenza do polifacético Xurxo Souto. Dita sesión tivo lugar no centro educativo sarrián o pasado mércores 27 e pivotou arredor do libro-audio “A caza do ghazafello”, do escritor pontevedrés Denis M.

O coruñés Souto, coñecido por diversas facetas pero sobre todo por ser un dos exponentes da chamada “Música Bravú”, tivo parte importante neste libro-audio, pois é un dos integrantes da chamada “Orquestra das Ánimas”, que interpreta a música creada por Marcos Paino para esta singular historia.

 Souto participou activamente nesta sesión de lectura en común, agasallando aos presentes con historias relacionadas con certas tradicións galegas, epicentro deste conto cuxo protagonista é un neno chamado Lois, e onde elementos típicos da nosa cultura como son o can de palleiro, a empanada, os trasnos ou as meigas están moi presentes.

O multidisciplinar artista coruñés fixo gala do seu inxenio e amenizou esta primeira reunión do curso 2013-2014, interpretando para ilo diversas cancións acompañado do seu acordeón. Para rematar esta actividade académica todos os presentes degustaron empanada, algo moi presente no libro “A caza do ghazafello”, ainda que desta volta fose de mazá.

GALERÍA DE FOTOS DA ACTIVIDADE

TEATRO E ACTIVIDADE DE SIMULACIÓN  PARA ALUMNOS DE FRANCÉS EN LUGO 

GALERÍA DE FOTOS DA ACTIVIDADE

TINTIN NA NOSA BIBLIOTECA
 
O coñecido personaxe de tebeo xa "forma parte" da nosa biblioteca. O gran traballo feito polo alumnado de Ciclos Formativos e PDC, coordinados por profesorado de ambos niveis, permitiu dispor dun moneco do popular xornalista a quen o dibuxante belga Hergé fixo protagonizar numerosas aventuras e que acaba de ter tamén a súa versión cinematográfica. Xa está a carón da porta da nosa biblio. Da súa man (nela leva unha carpetiña de plástico) iremos coñecendo novas diversas, como, neste caso, todas actividades que xiran arredor das Letras Galegas. E se as cousas van como pensamos, en breve estará acompañado do seu coñecido can, Milou.

"O xenio comeza as grandes obras, pero só o traballo as remata"