O pasado 21 de abril o alumnado participante no proxecto Talentos Inclusivos visitou as instalacións de ASPACE Coruña.
ASPACE foi fundada en 1977 por un grupo de pais e nais de persoas con parálise cerebral. A misión que ten é mellorar a calidade de vida das persoas con parálise cerebral e discapacidades psicofísicas e as das súas familias, poñendo a súa disposición os recursos necesarios para promover o seu desenvolvemento persoal e a igualdade de oportunidades. Os usuarios que atenden repártense entre o Centro Educativo (de 3 a 21 anos), o Centro de Día (máis de 16 anos) e o Centro Residencial (máis de 16 anos).
O alumnado visitou os tres centros, coñeceu a radio, o taller de cerámica, a piscina, a sala de estimulación... falou cos usuarios e levoulles o prototipo de App de mando de TV que están a facer.
|