Skip to Content

Novas

Novo número de contacto

mobil

A partir de agora, usando o número 638 836 907, é posible poñerse en contacto co centro por móbil. Chamando aquí pode accederse a todos os servizos e información do centro. Este mesmo número é o utlizado para as comunicacións oficiais do centro ao través de SMS.

ANTE A CONVOCATORIA DE FOLGA O DÍA 21

Estimados nais, pais ou titores do alumnado: Ante a convocatoria de folga para o vindeiro día 21 con respecto ao documento “Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia”, este equipo directivo desexa aclaralles o seguinte:

· A folga está convocada por sindicatos do profesorado, por organizacións de estudantes e outros colectivos cidadáns. · A convocatoria de folga está dirixida á totalidade da comunidade educativa, alumnado, pais, nais, profesorado e persoal de administración e servizos. · A decisión de participar ou non na folga corresponde a cada membro da comunidade educativa. O equipo directivo agradece a comunicación de participación na mesma a efectos organizativos. · Hoxe foi publicada a Orde (DOG nº11 de 19 de xaneiro, pp 637-638, consultable neste enlace) cos servizos mínimos, que consistirán nun membro do equipo directivo e o persoal de cada servizo.

Agradecendo de antemán a súa colaboración, reciban un saúdo.

O equipo directivo

Os SMS: Unha nova canle de contacto co 'Sofía'

 O Centro estrea unha nova canle de comunicación coas familias, os SMS. Dende agora os avisos de urxencia serán remitidos por SMS ao teléfono autorizado polas familias ou titores do alumnado. A tal fin remitirase un impreso para actualizar os datos de teléfono móbil, así como o correo electrónico no caso de que tamén se desexe recibir comunicacións por este medio. Esperamos que este servizo, sen coste para vostedes, axilice a comunicación.

Xornadas sobre sistemas de uso seguro de Internet na infancia. Vixilancia e control do uso de Internet

 Polo seu interese destácanse as xornadas destinadas ao uso seguro e responsable de internet polos menores.

En Ferrol celébranse o martes 17 de novembro no Centro Cultural Torrente Ballester, rúa Concepción Arenal s/n. Haberá dúas quendas na mesma tarde, unha ás 16 horas e outra ás 18.30 horas. A asistencia é libre e dirixida fundamentalmente a pais, mestres e incluso aos propios alumnos de secundaria, bacharelato e ciclos, e/ou persoas en xeral interesadas na materia. Estas xornadas teñen a finalidade de concienciar ao colectivo sobre os usos e riscos das TIC e facilitar os medios necesarios para aprender os métodos de control do uso da Internet, sen que se impida o acceso á sociedade da información. Fundamentalmente tratarase o control de contidos de Internet, o manexo das ferramentas existentes e o control parental.

 

Bono-Bocata

bono bocataO BONO-BOCATA é un servizo da cafetería do centro que permite adquirir cinco medios bocadillos de 0,85€. Deste xeito as familias que o desexen poden organizar o 'bocata' de media mañán sen que os seus fillos  teñan que manexar cartos, asegurándose asi mesmo de que fan unha dieta equilibrada e saudable.

Programa de cesión de libros de texto para o curso 2009-2010

Segundo informa unha circular informativa de agosto, a consellería informa aos centros que o programa de gratuidade de libros mantense para a ESO neste curso 2009-2010. A primeiros de setembro o centro comunicará o procedemento para a tramitación da solicitude de libros.

Poden consultarse as convocatorias neste enlace e ler a circular na seguinte páxina.

INFORMACIÓN AOS CENTROS EDUCATIVOS A Consellería de Educación informa aos centros educativos das novidades no programa de libros de texto para o vindeiro curso escolar: A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aportará 180 € por alumno de familias con rendas baixas grazas ao novo sistema de axudas á compra de libros en centros públicos e concertados, que vai sustituír progresivamente ao mecanismo de préstamo vixente. O novo programa dotará ás familias de bolsas que cubrirán a compra en función do nivel da renda, asegurando axudas para as familias con menos recursos. A bolsa cubrirá a totalidade do gasto en libros para familias con ingresos de ata 5.400 euros anuais por persoa no fogar –ou ata 6.000 €, se a familia é monoparental- cunha axuda máxima de 180 euros por cada neno. Para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000 euros por persoa no fogar –ou entre 6.000 e 9.000 € no caso das monoparentais-, a Consellería garante unha axuda aproximadamente da metade do custo. Ademais, a bolsa será de ata 250 euros para o alumnado de Educación Especial, independentemente dos ingresos familiares. A convocatoria de solicitudes de bolsas sairá publicada este verán e abrirá un prazo durante o mes de setembro para que as familias soliciten as axudas nos centros educativos. A Consellería implantará un sistema de tramitación que non supoña un traballo adicional para os centros, do que se informará en canto se ultimen os detalles. Implantación progresiva O sistema de axuda á compra de libros comezará nos dous próximos cursos para 1º, 2º 5º e 6º de Primaria e Educación Especial, que son os niveis nos que o calendario fixaba a reposición total. No curso 2011-12 sumaranse 1º e 3º da ESO, para pasar a cubrir todos os niveis a partir do curso 2012-13. Polo tanto o programa actual de préstamo irá desaparecendo paulatinamente durante a implantación do novo sistema, polo que o vindeiro curso os alumnos de 3º e 4º de Primaria e os de Secundaria recibirán os lotes xa existentes nos centros no mes de setembro. Durante o mes de xullo sariá publicado no DOG a convocatoria de reposición para estes cursos nos que se mantén o préstamo o vindeiro curso, que será similar á de anos anteriores en canto a importes máximos. Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2009 O DIRECTOR XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS José Manuel Pinal Rodríguez

Calendario Electoral de renovación do Consello Escolar

Publícase o calendario electoral de renovación do consello escolar do IES Sofía Casanova

 

DATA

 ACTUACIÓNS

28-Outubro (Martes) - Publicación no taboleiro de anuncios do Centro da data e hora no que se procederá ao sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral. (Artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1994; DOG do 9 de agosto) S Envío de circular aos pais e nais anunciando dito sorteo.
28-Outubro (Martes) - Sorteo público, ás 18:30 horas, para a designación dos membros da Xunta Electoral (Titulares e Suplentes).
- Segundo o resultado anterior, envío de citacións para a constitución da Xunta Electoral 
4-Novembro (Martes)  - Primeira reunión da Xunta Electoral:
  • Acto da súa constitución
  • Aprobación do calendario de actuacións
  • Publicación nos taboleiros de anuncios:
• Das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos.

• Dos correspondentes censos electorais.

• Escrito ao Concello e a ANPA solicitando a designación dos seus representantes.

5-Novembro (Mércores) - Envío de circular ao alumnado, ás nais e pais do alumnado, persoal non docente e profesorado coa convocatoria do seu sector.
Do 6 ao 17 de novembro - Prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores
10-Novembro (Luns) - Envío de convocatoria para a celebración da segunda reunión da Xunta Electoral
- Envío de convocatoria de Claustro informativo para o día 18 (Art. 35 do Decreto 92/1988)
18-Novembro (Martes) - Segunda reunión da Xunta Electoral:
  • Admisión, proclamación e publicación de candidaturas.
  • Aprobación dos censos electorais e de modelo de papeletas, sobres...
  • Sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais.

- Reunión de Claustro de Profesores: Lectura de normas, Relación de candidaturas, Acordo de convocatoria de Claustro extraordinario para o día 25, xoves, 12:00h.

18-Novembro (Martes)

- Comezo das distintas campañas electorais.
- Envío de:
  • Circular ás nais e pais do alumnado anunciando as candidaturas do seu sector.
  • Convocatoria de Claustro extraordinario a celebrar o día 25.
  • Citacións para a constitución das distintas mesas electorais.
  • Convocatoria para a terceira e última reunión da Xunta Electoral
21-Venres - Envío aos pais e nais do alumnado dunha circular recordatoria do día das votacións do seu sector
25-Novembro (Martes) - VOTACIÓNS:
  • Persoal de administración e servizos, de ser o caso. De 13:00 a 14:30 horas.
  • Profesorado. Claustro ás 12:00 horas.
  • Pais, nais e titores legais do alumnado. (De 18'00 a 20'00 horas)
26-Novembro (Mércores) - Terceira e última reunión da Xunta Electoral:
  • Proclamación e publicación de candidatos electos.
  • Traslado  das actas das mesas electorais ao titular da delegación provincial.
  • Envío de convocatoria de reunión para a constitución do novo Consello Escolar.  (Artigo 52 do Decreto 92/1988, DOG do 29 de abril)
2-Decembro (Martes) - Celebración de reunión do novo Consello Escolar:
  • Constitución do Consello..
  • Designación dos membros que van a constituír a Comisión Económica.
  • Designación da persoa responsable de impulsar medidas educativas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres. (Art. 126.2 da LOE).
  • Constitución do Observatorio da Convivencia Escolar. (Art. 7º do Decreto 85/2007, do 12 de abril e Instrucións da Consellería de Educación do 17 de outubro de 2007).
Antes do 20 de decembro - Envío ao delegado provincial do formulario que se publica como anexo II á Resolución do 1 de setembro de 2008 (DOG do 18).
Distribuir contido


by Dr. Radut