Skip to Content

Novas

Concurso de fotografía de móbiles para Secundaria

móbilCo motivo da celebración do Día Mundial de Internet, o 17 de Maio, convócase un concurso de fotografía con móbil para o alumnado de secundaria que pode participar a título particular.

Pódese atopar a información sobre como participar na páxina http://www.diadeinternet.org/2013/index.php?page=participa_fotografia

Animádevos!

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013

liguasextranxeiras2013

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013, para o alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 23 de marzo e remata o día 22 de abril
A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

AVISO DE ALERTA POR FENÓMENO METEOROLÓXICO ADVERSO

Acaba de publicarse un aviso para mañá día 21 de AVISO POR FERTES VENTOS.

Consultar aquí

A biblioteca do Sofìa en Meiga

bibliotecas Xa se poden consultar as máis de 17 000 referencias da bibloteca do centro en liña neste enlace http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CED105

Agamenón en Lugo

agamenonO alumnado de Cultura Clásica de ESO e de Grego e Latín de Bacharelato asistíu á XIII edición do Festival de Teatro Grecolatino de Lugo, organizado pola Sección Galega da “Sociedad de Estudios Clásicos” coa colaboración do Concello lucense a través da Concellería de Educación.

Representouse ás 12:00 h. o Agamenón de Esquilo pola Compañía de Teatro e Danza El Ruiseñor (A Coruña)

Viaxe a Grecia

GreciaDurante a semana de entroido alumnado de 4º de ESO e de bacharelato fixo un percorrido de sete días polo sur de Grecia. Cunha paisaxe verde e azul coroada de montañas nevadas e un guía magnífico visitamos Atenas, Corinto, Nemea, Epidauro, Nauplio, Titinto, Micenas, Olimpia, Naupacto, Delfos e Osios Loukas. A viaxe foi organizada pola sección galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos e participamos alumnado de cinco institutos galegos e da Universidade de Santiago de Compostela cun ambiente excelente.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS DOS BOMBEIROS

ALIMENTOSbOMBEIROSA solidariedade pola situación de crise trae iniciativas como a dos Bombeiros de Ferrol-Narón, de recollida de alimentos non perecedeiros para a Cociña Económica e a asociación Adra.

Aínda que o centro organizou en nadal unha exitosa recollida para a primeira das institucións, transmitimos á comunidade escolar a petición dos Bombeiros que remata o DÍA 20.

Así quen desexe facer unha aportación de alimentos non perecederios pode traelos ao punto de recollida no vestíbulo do centro ata a mañán do MÉRCORES.

Grazas pola vosa solidariedade!

Cos desexos dunhas boas festas e un ventureiro 2013

cartazNadal12

Deseño gañador do concurso de postais 2012, de Raquel Martínez 1ºB ESO
Distribuir contido


by Dr. Radut