Skip to Content

Taboleiro do alumnado

ESCOLARIZACIÓN DO CURSO 2015-2016

   

      Rematado o prazo de entrega de solicitudes para a escolarización do ano académico 2015-2016, informamos que os solicitantes do curso de 1º de ESO deberán entregar na Secretaría os documentos acreditativos dos criterios alegados, xa que se presentaron máis solicitudes que prazas se ofertan.

     -Certificado do padrón municipal, e de ser o caso, os demáis documentos que aleguen outras circunstancias como familia numerosa, minusvalía, etc....)

      O prazo para a entrega da documentación remata o 9 de abril.

       Nos restantes cursos non será necesario entregar ningunha outra documentación xa que quedaron prazas vacantes.

Festival de entroido 2015. Información complementaria

 

Facendo click nas correspondentes  ligazóns poderás acceder a:

   - información do desenrolo do festival de entroido,

   - fotografías do festival e

   - unha montaxe en vídeo das fotografías.

CINENSINO

   

    O xoves 12, os alumnos de 1º e 2º de ESO, acompañados polos seus profesores, asistiron no Teatro Jofre a unha nova proxección de CINENSINO.

    A película que visionaron foi "Diamantes negros", unha cruda película sobre a esperanza o a explotación dos seres humanos.

Nova sesión do club de lectura xuvenil

   

    O martes 10, os alumnos do club de lectura xuvenil, acompañados polas profesoras Pilar Berrio e Ana Seco, tiveron unha xuntanza para facer unha posta en común da lectura de Nómades.

Pero iso non foi todo. A sesión deu para moito máis.

Se queres saber máis, visita o blog da biblioteca.

Claudia Rojo subcampiona de España de pentathlon

    
Medallistas por proba

 Pentathlon

 

 

 07/03/2015

 

 

 Ouro

 Prata

 Bronce

  Emilia Del Hoyo Perez

  Claudia Rojo Cazorla

  Mar Vico Rios

  Avinent Manresa

  Ria Ferrol-C. Arenal 

  FC Barcelona

    Claudia Rojo, alumna de 2º de bacharelato, acadou a medalla de prata na categoría pentathlon, nos campeonatos de España júnior, organizados pola Real Federación Española de Atletismo, celebrados en Valencia.

! Noraboa Claudia ¡

Asistencia ao festival de teatro grecolatino de Lugo

   

     O martes 2 de marzo, os alumnos de Cultura Clásica e Latín e Grego de ESO e Bacharelato asistiron cos seus profesores, Julia de Partearroyo, Ángeles Doce e Román Bravo ao festival de teatro grecolatino que se celebrou na cidade de Lugo.

    Alí puideron ver Edipo Rei,a máis coñecida traxedia de Sófocles, que nos fai reflexionar sobre o destino e o libre albedrío e Cistellaria de Plauto, unha "comedia paliata" que trata sobre o idealismo do amor dos xóvenes fronte á conveniencia do mundo dos adultos.

Comunicación do seguemento da folga dos días 25 e 26 de febreiro

   

    Comunicado do representante do alumnado:

    Estes pasados días 26 e 27 de febreiro tivo lugar unha folga estudantil convocada polos Comités (a agrupación das organizacións en defensa do alumnado) que culminou cunha manifestación na segunda xornada.

    O motivo da protesta foi, novamente (xa levemos unha grande cantidade de mobilizacións a costas), a política que está a levar a cabo o Goberno do Partido Popular. O Ministro de Educación, José Ignacio Wert, está a realizar numerosas reformas no sistema educativo, que o único que fan é prexudicar a educación pública e o estudantado con menores recursos económicos.

    Esta última protesta estivo motivada pola intención de desenvolver o o coñecido como "Decreto 3+2", que pretende, outra vez máis, favorecer a universidade privada. Ademais, hai que sumar a escaseza de becas, a LOMCE, a financiación de escolas que segregan por sexo, os recortes en educación...

Claudia Rojo, finalista nos premios ao mellor deportista de Ferrol

    

     Dende esta páxina, toda comunidade educativa do IES Sofía Casanova queremos dar a noraboa á nosa alumna Claudia Rojo polo seu novo e merecidísimo éxito que vén a recoñecer os seus méritos.

     Claudia é campioa galega xuvenil e absoluta nos 100 e 400 valos, así como en heptatlón e probas combinadas. Ten os récords galegos de 400 valos e pentatlón; é campioa de España xuvenil dos 400 valos e subcampiona en pentatlón. Foi finalista do Campionato de España absoluto de 400 valos e participou coa selección española na European Youth Olímpic, disputada en Bakú (Acerbaixán). É primeira no ránkingnacional de 400 valos cun tempo de 1.00.61, a segunda mellor marca española de todos os tempos.

    Noraboa e que teñas moitos máis éxitos na vida.

Distribuir contido


by Dr. Radut