Skip to Content

La vida es sueño de Calderón de la Barca

   

    O luns 29 de xaneiro, o alumnado de 1º de bacharelato, acompañado polas profesoras de Lingua Castelá e Literatura, acudiu ao teatro a ver a representación da obra de Calderón de la Barca "La vida es sueño".  Dita obra foi representada polo grupo "Eina d´Escola" .

    A actividade serviu para ver representados en escena tanto os valores do "honor" e do "amor" do Século de Ouro como o tema do libre albedrío que foran explicados na aula.

Día escolar da non violencia e a paz, 30 de xaneiro

         O día 30 de xaneiro conmemorouse o día escolar da non violencia e a paz. Ademais das actividades das titorías, o EDL do instituto elaborou unha serie de actividades encamiñadas a concienciar ao alumnado. Así mesmo, dentro do programa de voluntariado da Xunta “Bibliotecas Escolares Solidarias” no que está inmersa a Biblioteca do Sofía, celebrouse este día cunha nova visita á residencia Abrente; para saber o que alí se viviu, podedes visitar a entrada do blog da Biblioteca: “Celebrando o día da paz cos nosos maiores”.

Visita de profesores de Gales (Erasmus+)

 

     O martes, 16 de xaneiro, no marco do programa Erasmus+, visitaron o IES Sofía Casanova profesores de varias escolas de Gales: Carol Gruffydd (Ysgol Uwchradd Bodedern), Michelle Whittington, Kim Farley e Jillian Mitchell (Shirenewton Primary), Mark Carrington (Twynrodyn Primary), Hannah Morgan (Gilfach Fargoed Primary) e Nicola Packham (Derwendeg Primary).

    Durante a mañá, visitaron a Biblioteca para reunirse con membros do Club de Lectura, asistiron aos recreos deportivos, a unha clase de Robótica, a outra de Inglés (en 1º ESO), reuníronse no laboratorio con membros do Club de Ciencia, participaron nunha clase de Lingua e literatura castelá e noutra de Lingua e literatura galega (ambas en 1º bacharelato) e remataron en clase de Matemáticas (4º ESO A).

Visita a museos científicos

 

     O Martes día 30, os alumnos de 3º da ESO tiveron ocasión de visitar os museos científicos da Coruña. Esta visita foi organizada conxuntamente polos departamentos de Ciencias da Natureza e Física e Química.
    Pola mañá, os rapaces acudiron á Casa dos Peixes, onde asistiron a unha breve charla sobre como a recolección do mexilón inflúe nas especies que conviven con él. Despois dun breve picnic, foron visitar a Casa do Home, chea de retos físicos e mentais que os rapaces estiveron intentando superar. Para finalizar, na Casa das Ciencias, visualizaron a proxección "da Terra ó Universo" no planetario. O resto da tarde estiveron experimentando nos distintos módulos da exposición, destinados a espertar a súa curiosidade pola ciencia.
    Foi un día no que tanto os alumnos como os profesores acompañantes: Alba, Jose, Ramón e Rocío, desfrutaron da ciencia fóra das aulas.

Concerto didáctico no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela

   

    O pasado 26 de xaneiro, os alumnos de 1 de Bacharelato, 3ESO CD e 4ESO, asisitiron a un concerto didáctico no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.

    O concerto estivo ao cargo do grupo de percusión DUAS, acompañadas por dúas bailarinas de danza contemporánea.

    A proposta integraba distintas pezas de compositores actuáis adicados ao mundo da percusión como J. Cage, E. Argenziano etc., co que mostraron aos alumnos a posibilidade de facer música con todo o que nos rodea.

                            Fotografías             Vídeos

Charlas do programa A PONTE da Universidade de Santiago

 

   Os alumnos de 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato participaron en charlas do eido da Física e Química impartidas por profesorado da Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Santiago e Lugo) dentro do programa A Ponte.
    Héctor Rodríguez Martínez, profesor na Escola de Enxeñería Química da USC, tratou sobre procesos de separación na industria química.
    Mª Pilar Brocos Fernández, profesora da Facultade de Física de Santiago e da Escola Politécnica Superior de Enxeñería, campus de Lugo, tratou sobre dispositivos basedados na aplicación de principios básicos de Termodinámica, e:
    Miguel Ángel González García, profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñería, campus de Lugo, tratou sobre Leds, o seu funcionamento e utilización.
    As charlas resultaron moi amenas e poideron ilustrar ós alumnos sobre esas materias e orientalos para o seu futuro académico e profesional.

O Club de Ciencia visita a depuradora (EDAR) de Ferrol

 

 

     O mércores pola tarde, algúns rapaces do Club de Ciencia foron visitar a depuradora (EDAR) de Ferrol, xestionada por Emafesa, situada en Cabo Prioriño.
    Alí, David Franch, Responsable de Control de Procesos e Verquidos, explicoulles os diferentes tratamentos que se lles fan ás augas residuais da nosa cidade antes de ir ó mar.
    Os rapaces sorprendéronse da cantidade de residuos que se botan nas augas, e viñeron moi concienciados coa problemática causada polas toalliñas hixiénicas que chegan á EDAR. Tamén lles impresionou o tamaño das bombas que están na estación de bombeo (EBAR) da Malata, unha das instalacións mais grandes que existen en Europa deste tipo. Unha vez mais grazas a Emafesa e ó Concello de Ferrol por facilitarnos esta visita.

Concerto didáctico no Auditorio de Galicia

 

     O pasado 23 de Xaneiro, alumnos de 3ºESO B, 2º A e 1º ESO C/D, asistiron a un concerto didáctico no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), a cargo do grupo Las Lollipops.

   Las Lollipops está formado por tres voces femininas: Paula Romero, Marian Ledesma , Paty Lesta e un pianista, Cristian Leggiero. Durante unha hora, con música en directo e dunha maneira moi divertida, explicaron o alumnado asistente, conceptos claves da música vocal e coral. Cantas clases de voces hai?, Como se canta unha canción a diferentes voces? , A voz é un instrumento máis? É máis doado cantar só ou a voces? E acabamos o concerto interpretando todos xuntos unha canción a dúas voces.

           Fotos               Vídeos

Distribuir contido


by Dr. Radut