Skip to Content

Actividade Clubs de Lectura

 

     O pasado sábado, un grupo de 13 alumnos (Carlos, Sara, Daniela, David, Deva, Ariadna, Iago, María del Pilar, Javi, Alex, Sabela, Roberto e Ana), acompañados de Emilio e Pilar, participamos na X Xornada de Clubs de Lectura en Santiago. Esta reunión acolleu a moitos rapaces de Clubs de Lectura de toda Galicia nunha xornada chéa de calor, de obradoiros e de libros, moitos libros.

Datas de matrícula para o curso 2017-2018

x luns martes  mércores  
    xoves  
 venres 
sábado domingo      

u

19 20 21 22 23 24 25      

ñ

o

26

Colexio
Ponzos

27

Colexio
Esteiro

28
Colexio
Recimil
e 1ºESO

29 30 1 2

 

x

 

▪ O horario de oficina para
  formalizar   a matrícula
  é de 9.00 a 13.00 horas.

  3
2º ESO
4
3º ESO
5
4º ESO
6
1º Bach
7
2ºBach
8 9

u

ll

 

   SEGURO ESCOLAR: O importe do mesmo é de 1,12 € e procederase o seu abono no momento de formalizar a matrícula. Os alumnos de 1º e 2º de ESO non pagan seguro.

  10 11 12 13 14 15 16 o    Ver en pdf

O Sofía Casanova participa en "XOGADE 2017"

 

     Mércores 15 de marzo participamos no Campeonato provincial de orientacion “Xogade” que se celebrou en Acea da ma en Culleredo A Coruña. 

     Participamos con 17 alumnos de 3º da ESO cunha moi boa aceptación da actividade. Destacar o 1º posto en cadete feminino de Natalia Torres Bastida de 3º ESO C.

          Galería de imaxes

Charla de Xavier Alcalá

 

    O pasado xoves, Xavier Alcalá, enxeñeiro de telecomunicacións e escritor, impartiu unha charla ós alumnos de tecnoloxía e robótica do IES Sofía Casanova.
    No trancurso da mesma expuxo ós alumnos o seu traballo e a súa experiencia no campo da tecnoloxía. (Pode verse a exposición nunha gravación en vídeo, feita polos Correspondentes Sofía 3.0, solicitándoa na biblioteca ou no departamento de tecnoloxía).
    Asimesmo fixo unha doazón de máis de cen libros da súa autoria ó instituto.

    O diario de Ferrol faise eco do evento.

 

Teatro - Os vellos non deben de namorarse

   

    O martes 30 de maio tivo lugar a estrea da nosa obra de teatro deste ano, un lance mixto de Os vellos non deben de namorarse, de Castelao. O de mixto quere dicir que José Luis Paz, no seu arranxo para a escena do Sofía Casanova, tomou o lance do boticario Don Saturio e mesturoulle algún elemento do do fidalgo Don Ramón.

    Como xa vén sendo habitual, resultou un éxito de crítica e público (por se non se nota, a crítica é esta e é encomiástica). Os alumnos actores estiveron estupendos todos, destacando, como é lóxico polo seu papel protagonista, Yolanda e Pepe, que fixeron Saturios alternativos nas dúas sesións da mañá, Antía Aneiros no seu papel de Lela e Stephanie, que se desdobrou primeiro en cadro parlante (como a nai anoxada do delirium tremens do fillo) e despois en etérea intérprete da canción Lela, tan melancólica. Ao resto dos rapaces, tanto actores como colaboradores técnicos e musicais, non se lles pode menos que felicitar polo ben que o fixeron. No remate da obra citouse cada participante segundo o seu rol, e todos foron moi aplaudidos.

    Este ano non haberá actuación no teatro Jofre pero, coma sempre, gardamos gravación que polo menos pode solicitarse na biblioteca.

O valor da experiencia. Os alumnos de 2ºB visitan Afundación Ferrol

   

    O martes, 30 de maio visitaron Afundación de Ferrol os alumnos de 2º ESO B do IES Sofía Casanova, como resposta á visita realizada o 9 de maio ao noso centro por Juan Filgueiras, Andrés Gallego, Antonio Maseda e Fernando Piñón . Coordinada por Conchi Martínez Lamigueiro, directora do Espazo +60 de Afundación Ferrol, esta actividade incríbese no programa interxeracional “O valor da experiencia”. Vid. enlace anterior nesta web.

     Os alumnos traballaron en catro grupos, moderados por Juan, Andrés, Antonio e Fernando. Tras visionar uns vídeos, fixeron unha posta en común para recoller as conclusións obtidas nos encontros.
     Parabéns a todos os participantes: en todo o proceso, demostraron unha perfecta sintonía os maiores e os máis novos. Agradecemos a Afundación a oportunidade de poñer en contacto as distintas xeracións para compartir experiencias vitais.
    A prensa local fíxose eco do encontro. Foto Diario de Ferrol. Haberá máis información neste enlace de Afundación: Actividades interxeracionais.

Premios extraordinarios de Bacharelato

   

    O día 4 de maio, publicouse no DOG a Orde do 24 de abril de 2017 pola que se convocan os premios expraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2016-2017.

    A estes premios pode optar o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2016/17 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, que fose proposto para o título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

    Hai vinte premios extraordinarios cunha dotación global de 20.000 euros. Cada premio estará dotado con 1.000 euros.

    O prazo de presentación de solicitudes remata o 05/06/2017.

                                       máis información

Reunión informativa - Oferta educativa

   

     O día 29 de maio terá lugar no salón de actos do centro una reunión para informar ás familias sobre a oferta educativa do centro para o curso 2017/2018.

         - ás 16:30 horas, oferta educativa de 4º ESO, dirixida as familias do alumnado que actualmente cursa 3º de ESO

        - ás 17:30 horas, oferta educativa de 1º de Bacharelato, dirixida as familias do alumnado que actualmente cursa 4º de ESO

Distribuir contido


by Dr. Radut