Skip to Content

Exames de Recuperación Finais - Xuño 08

Publícase o calendario de exames finais de xuño (recuperacións) correspondentes aos cursos de E.S.O. e 1º de Bacharelato. Podes consultalos nos enlaces seguintes:

1º, 2º e 3º de E.S.O.
4º de E.S.O.
1º de BACHARELATO

Exames Finais de Pendentes E.S.O.

Os exames finais correspondentes ás materias pendentes de E.S.O. realizaranse os días 26, 28 e 29 do mes de Maio segundo o calendario que a continuación se presenta:

 

Premios Extraordinarios de F.P. - Curso 2006/2007

Parabéns para ALBA SÁNCHEZ RICOY e FÁTIMA MARTÍNEZ NIEBLA. Ambas as dúas veñen de ser propostas como gañadoras de senllos PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL CORRESPONDENTES AO CURSO 2006/2007.

Aínda que está pendente da súa publicación no DOG, a Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa remitiu un escrito ao Sr. Director do IES Sofía Casanova onde se lle informa desta boa nova e prégalle faga chegar a súa felicitación, en primeiro lugar ás interesadas, e en segundo lugar aos membros do claustro do IES Sofía Casanova.

Publicados os listados de axudas para estadías no extranxeiro

Solicitude de axudas para alumnos e alumnas de niveis non universitarios para estadías no estranxeiro.

Máis detalles no enlace:

https://www.edu.xunta.es/axudasle/

ATENCIÓN: O PRAZO PARA A ACEPTACIÓN OU RENUNCIA Á AXUDA SERÁ ATA O 13 DE MAIO

Novo Planeta Língua

Xa saíu do prelo o número 10 de Planeta Lingua correspondente a 2008. Pero se queredes vela a toda cor consultade este enlace

http://issuu.com/nlg-iessc/docs/planeta_lingua10

Pódense atopar os números anteriores aquí

Exames 2º Bac - 3ª Avaliación

Os exames correspondentes á 3ª avaliación de 2º de bacharelato realizaranse entre os días 12 e 16 de Maio, ambolos dous inclusive, segundo o seguinte calendario:

 

Adquisición de ordenadores personais

NOVA CONVOCATORIA

Xa se pode solicitar a axuda ao alumnado para a adquisición dun ordenador persoal.
A conexión ao portal da convocatoria esta aquí

Alumnado de 3º ESO limpa o Bosque dos Nenos

Un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO decidiron madrugar un sábado libre para colaborar co colectivo ambiental Lapis Verdes e axudar a mellorar o Bosque dos Nenos.
A nova na prensa

Distribuir contido


by Dr. Radut