Skip to Content

TÉCNICO SUPERIOR EN AXENCIA DE VIAXES

Sabías que tan só nun curso podes ser Técnico Superior de Axencias de Viaxes?

Sabías que neste ano abriron novas Axencias de viaxes en Ferrol e comarca e en toda Galicia?

Sabías que hai unha demanda de profesionais cualificados para traballar en axencias de viaxes?

Matrícula de Setembro - Curso 2008-09

Convócanse as datas de formalización da matrícula para o alumnado do centro ou de nova admisión na CONVOCATORIA DE SETEMBRO.

MOI IMPORTANTE: Rógase respetar as datas de matrícula.

Consultar Datas e Horas nesta ligazón

CICLOS FORMATIVOS LIBERADOS

Ante as numerosas consultas sobre prazas en Ciclos Formativos, recoméndase o acceso á páxina da Dirección Xeral de Formación  Profesional onde están publicados os ciclos con prazas libres (liberados) e o prazo de matrícula nos mesmos.

No IES SOFÍA CASANOVA está liberado o Ciclo Superior de Axencias de Viaxes e completo o de Educación Infantil.

Devolución de libros en Setembro

O alumnado que se examinará nas probas extraordinarias de setembro deberán entregar os lotes de libros prestados o LÚNS 8 dentro dos seguintes horarios:

Mañá:  9:00 a 13:00

Tarde:  16:00 a 19:00

Planeta Lingua nº 16

O último número da Revista Escolar Planeta Lingua, correspondente a este curso 2014-2015, xa está lista para que a podas ler e/ou descargar. Tan só tes que premer na seguinte ligazón da portada da revista:

Exames de Setembro: Curso 07-08

Publícase o calendario de Exames de Setembro correspondentes aos Pendentes de E.S.O. e Bacharelato, así como todos os cursos de E.S.O. e de Bacharelato. Podes consultalos nos enlaces seguintes:

Pendentes de E.S.O. e de Bacharelato - 1º e 2º de E.S.O.
3º e 4º de E.S.O. - 1º e 2º de Bacharelato

Resultados das Probas de Acceso á Universidade

PAAU - Xuño 2008

Parabéns ao alumnado presentado ás probas de xuño. Un 98,4% conqueriron superalas, e un deles, Juan José Cartelle, obtivo cun 9,47 a máis alta cualificación da comarca

E.S.O.: Convocatoria de premios extraordinarios

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou por primeira vez uns premios "co fin de recoñecer públicamente a excepcional traxectoria do alumnado que cursa ensino secundario obrigatorio".

Distribuir contido


by Dr. Radut