O dia 24 de abril visitounos a Coordinadora do Centro de Linguas da UDC, Marie Christine Mandic, para explicalle ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato a oferta educativa do centro en canto a linguas estranxeiras, sobre todo de cara á obtención dos certificados B1 e B2 que moitos universitarios necesitan para as mobilidades dos programas europeos como Erasmus. |