Skip to Content

I Xornada de convivencia STEMBach en Santiago

   

     Os alumnos do Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía do IES Sofía Casanova acudiron o día 27 de novembro á I Xornada de Convivencia STEMBach no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago. Asisitiron a este encontro uns 200 alumnos procedentes dos 15 centros de Galicia nos que se imparte esta modalidade de bacharelato. Esta xornada, de carácter formativo, foi inaugurada pola conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar. A continuación, Deborah García Bello autora do blogue Dimetilsulfuro, dirixiuse ao alumnado para concienciar sobre a importancia de facer ciencia como sociedade. 

   Tras unha pausa, o alumnado reuniuse con Rocío Pérez Benavente, do equipo @maldita_ciencia, a división científica de Maldito Bulo, web de referencia en España en contraste de fake news e único grupo español membro do comité europeo de expertos de loita contra a desinformación e as noticias falsas; o obxectivo desta sesión foi concienciar os rapaces da importancia de filtrar a información, de recorrer sempre ás fontes e de ser cidadáns críticos e activos neste sentido.
    O Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMBach) impártese por primeira vez neste curso como iniciativa pioneira no marco da Estratexia Galega para a Educación Dixital (EDUdixital) 2020.
    A prensa do día dá conta do evento e explica en que consiste o STEMBach. 



page | by Dr. Radut