Skip to Content

"Espazos Maker" no IES Sofía Casanova

         O IES Sofía Casanova é un dos 10 centros galegos seleccionados para participar no programa de innovación educativa "Espazos Maker", convocado para centros docentes públicos da Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional durante o curso 2018/19.
      Os "Espazos Maker" permitirán traballar as áreas STEM (siglas en inglés de Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) de xeito integrado, a través de calquera das materias do currículo. Están concebidos como lugares que fomentarán a creatividade e a formación do alumnado no contexto de aprender facendo, no contexto dunha aprendizaxe activa e manipulativa, baseada no deseño, a solución de problemas e a aprendizaxe entre iguais.


page | by Dr. Radut