Skip to Content

Graduación 2017

   

   O venres, 19 de marzo, ás 19.00, tivo lugar no salón de actos do centro o acto de graduación de 2º Bacharelato do IES Sofía Casanova (Promoción 2017). A promoción foi amadriñada pola periodista Antía Díaz Leal, alumna do centro no ano 1996.

    O acto académico, no que estiveron presentes familiares do alumnado e profesores do centro, foi presentado por Elena García Urbano e Sergio Gómez Vieira (alumnos de 2º A e B, respectivamente). Comezou ás 19.00 cun vídeo elaborado por Carlota Lázaro, alumna de 2º D. Continuou coa entrega de orlas aos alumnos, por parte da madriña da promoción, a directora do centro e os titores dos grupos. Seguiu cos discursos, a cargo da periodista Antía Díaz -como madriña da promoción-, os alumnos Sabela Díaz Bastida (2º C) e Alejandro Barbeito (2º B) -en representación do alumnado-, e a directora do centro, Teresa Sebio. Rematou o acto cun vídeo elaborado por Diego Pereda (2º B), a partir de material multimedia achegado por todos os alumnos.

Proximamente estarán nesta web os enlaces aos vídeos e as fotos do acto académico.



page | by Dr. Radut