Skip to Content

Cangas de Onís

   

     O días 3, 4 e 5 de abril, alumnos de 3º ESO do IES Sofía Casanova, acompañados polos profesores Julia de Partearroyo, Paco Dávila e Andrés Rodríguez Bergara, participaron nunha saída extraescolar a Cangas de Onís.
    O primeiro día visitaron o xacemento romano das Covas de Andía e realizaron unha actividade de sendeirismo nos Lagos de Covadonga.
    O segundo día, barranquismo, paintball, xincana de humor amarelo (pista americana, twister xigante, bubble soccer) e unha actividade nocturna de espeleoloxía.
    Quedou para a última xornada a baixada do río Sella en canoa.   

               Galería de imaxes



page | by Dr. Radut