Skip to Content

Charla divulgativa sobre doazón e transplantes e clase teórico-práctica de RCP

  

    O pasado luns, 16 de xaneiro, o alumnado de 1º de bacharelato do centro asistiu no salón de actos a unha charla que impartiu Alejandro Montero, enfermeiro da unidade de transpalntes do CHUAC, sobre a doazón de órganos e tecidos.

    Xunto con esta interesante labor de concienciación que vimos desenvolvendo no instituto desde hai uns anos, este anos incorporouse unha clase teórico-práctica de Reanimación Cardio Pulmonar (RCP).

    O noso alumnado aprendeu a importancia de ter unha segunda oportunidade, reflexionou sobre a importancia da doazón para salvar vidas e relizou ,por primeira vez, técnicas de reanimación con maniquís especiais.



page | by Dr. Radut