O mércores 11 de xaneiro, os alumnos de 1º e 2º de bacharelato asistiron a unha obra de teatro organizada polo departamento de inglés. A obra, posta en escea pola compañía "Interacting" no salón de actos do noso centro, foi "Fall of the Roman Empire". É unha divertida adaptación da histora na que algúns alumnos foron invitados a participar interactuando cos actores. Tanto os alumnos como os profesores que asitimos pasamos unha hora moi divertida, disfrutando do espectáculo e practicando o inglés. Moitas grazas a todos os alumnos que se prestaron a cooperar na obra. |