Skip to Content

Visita a EXPONAV

   

     Os alumnos e alumnas de 2º e 3º de ESO do noso centro, dentro dunha actividade interdepartamental organizada polos profesores de Artes Plásticas e Diseño, Tecnoloxía e Xeografía e Historia, acudiron esta semana ao edificio de Herrerías adicado á construcción naval.

    Alí, puideron atender ás explicacións da evolución das técnicas constructivas, desde a primeira máquina de vapor ás máis adiantadas técnicas. Tamén estudaron, entre outros importantes aspectos, o pecio da fragata Magdalena, afundida na ría de Viveiro no ano 1810 e recuperada nos anos 80 do século pasado.



page | by Dr. Radut