Skip to Content

Cinensino

 

    O venres 14 de outubro, o alumnado de 1º e 2º de ESO, acompañado polos seus profesores Silvia, Eva, Alberto, Antía, Ana, Andrés e José María, acudíu ao teatro Jofre a ver a película "Secretos de guerra" dentro do programa "Cinensino" para a prevención de consumo de alcol e outras adiccións no que, outro ano máis, participa o noso centro.

    A película aprendeunos que a amizade é un dos nosos catro grandes tesouros; que a liña que separa a súa consistencia da súa fraxilidade non depende so do esforzo cotián que fagamos por cultivala e que se as nosas decisións teñen esa mirada limpa coa que os nenos encaran o mundo seremos quen de anular o odio.

Agora, traballaremola nas titorías.



page | by Dr. Radut