Skip to Content

Blogues

'Wolfram Alpha’: el nuevo buscador que revolucionará la Red

 

 

Un científico británico desarrolla un buscador que es capaz de responder directamente a las preguntas que le plantean los internautas.
 Wolfram Alpha

Calendario de eventos recomendados

Facendo uso de Google Calendar, podes xerar (e publicar se queres) o teu propio calendario. Eu uso Google calendar para ter ó dia a miña axenda, a persoal e a profesional. Esas dúas non son públicas, así que só eu podo velas, eso sí, en calquera sitio onde teña un acceso á Internet. Esto que vos deixo aquí é un calendario no que vou poñendo os eventos que me parecen interesante, conferencias, mesas redondas, proxeccións, exposicións, etc. Sobre todo do que a min me gusta, a Bioloxía e a Fotografía, pero coma non hai que pechar nengunha porta, non digo que non vaian aparecer cousas doutros eidos da cultura (sentido amplo).

 

Se non vedes o calendari, pódese chegar tamén facendo clic aquí. E se queres apuntarte ás actualizacións vía RSS, aquí.

 

Mirada e Luz 2009

Desta volta vou pedir a vosa colaboración. Participo nun concurso de fotografía. A primeira fase cúbrese cunha votación popular en-liña. O malo é que precisa rexistrarse, o menos malo que é moi doado facelo e non dan a lata con spam nen cousa semellante. Logo, coas seleccionadas, entra un xurado de expertos para dar otorgar os tres primeiros postos. Por se algunha das fotos é do vosoagrado e queredes votala, deixo aquí as ligazóns as sete que presentei. 

Foto 1/7. Trompetas de Jericho no fin do mundo

Foto 2/7. Anxo e Lúa

Foto 3/7. Mare

Foto 4/7. Pedra labrada

Foto 5/7. Á procura

Foto 6/7. Mirada e Luz

Foto 7/7. Apoio á superación

 

Grazas por adiantado pola parada e moitísimas no caso de votar algunha ;-) 

O sono de Alejandría máis preto

Os fondos aínda son poucos -pode que non pasen dos 1.400 artigos- pero desde hai poucos días está en funcionamento a Biblioteca Dixital Mundial, un proxecto liderado desde a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos e que conta coa axuda técnica da Bibliotheca Alexandrina e co respaldo da Unesco.

A idea é que, co tempo, vaia aumentando a colección de libros, diarios, manuscritos, mapas, películas, gravados e fotografías e gravacións sonoras dispoñibles grazas ás aportacións de institucións de todo o mundo.

Pódese navegar poa colección por lugar, data, tema, tipo de artigo, e institución. Tódolos contidos pódense ver en liña e descargar como PDF, TIFF, mp3, etc.

Fáltalle «un chisquiño» para chegar a ser o equivalente moderno do que no seu momento foi a mítica biblioteca de Alejandría, pero tódolos grandes monumentos comenzan coa primeira pedra. ¿Non si?

 

[Vía Microsiervos

O meu "web site home" preferido

.

.

.

.

.

.

Está aquí

.

.

.

.

.

.

.

 

Rexistra calquera cousa que sone no ordenador en formato MP3

MP3myMP3 Recorder é unha sinxela utilidade para gravar as emisións de radio por Internet, e salvar o son sobre un arquivo mp3 ou wav en tempo real. É quen de recoller e almacenar cualquera fonte de son emitida polo teu sistema, ben sexa un reproductor de música, un arquivo retransmitido vía streaming, desde un micrófono conectado á computadora, etc.

MP3myMP3 Recorder ofrece a posibilidade de axustar o grao decompresión dos ficheiros almacenados en MP3. Tamén podes deixarprogramada a gravazón dunha emisión dunha páxina web. Funciona comaun reproductor de arquivos de son, soportando osformatos MP3, WAV, AIF e AU. E aínda é quen de obter as carátulas dos CDs a través do servizo web de Amazon.

Distribuir contido


by Dr. Radut