Skip to Content

Blogues

Outro sitio de música

Mentres a industria da música quedou anquilosada no pasado, na rede de redes seguen saíndo innovadores proxectos coa música como pilar fundamental.

Neste caso falamos de We Are Hunted, sitio que permite coñecer novas cancións e grupos. Basándose en datos obtidos de sitios como Last.fm, Pandoras, Blip.fm, MySpace Music e resto de webs semellantes, We Are Hunted publica unha lista coas 99 cancións máis escoitadas en Internet, xunto con outras clasificacións do máis escoitado da semana, do mes e do ano.

A lista amósase en forma de grella coas fotos de cada grupo, o seu nome, título da canción, ligazón para comprala e pódese escoitar cada unha das pistas.

 

[Vía Bitelia] 

Anatomía da risa escrita

FreeMusicArchive

Free Music Archive é un repositorio de música de calidade libre e de balde. O arquivo está inspirado en movementos coma os das licencias Creative Commons ou o concepto del software aberto a desenvolvedores de contidos.

A música pódese descargar legalmente. O seu destino pode ser incorporala en vídeos (en YouTube por exemplo non dan problemas de licencia) ou en podcasts; tamén pódense misturar ou utilizar coma mostras. Eso si, compre consultar a licencia porque pode estar limitado de algún xeito ou cumprir certos requisitos para estos usos.

Tamén é una sitio interesante onde escoitar e atopar música nova e diferente que se pode escoitar directamente desde o navegador, sen que sexa preciso descargar os arquivos MP3.

Reforzando a "forza de vontade"

Hai sitios web que supoñen unha tentación que non é doado resistir: a túa rede social favorita, páxinas de xogos, Twitter… todos nosos coñecemos, e sabemos que antes de nos dar conta, pasamos a tarde enteira neles, e o que tería que estar listo para as 7, aínda está por comezar. Para evitar este tipo de distracións, contamos con Keep me Out.

Keep me Out é un servizo web que funciona coma unha ayuda para a nosa forza de vontade, advertíndonos cando queremos volver a este tipo de sitios (ou calquera que especifiquemos) máis dunha vez nun certo período de tempo. Despois de indicar o sitio e a duración do tempo durante o que queremos manternos alexados del, aportará un marcador por o que acceder á web en cuestión. E cada vez que intentemos acceder a ela, Keep me Out dará unha advertencia ou, sinxelamente, nos redireccionará a outra páxina.

 

 

 

Tecnoabuelos

E pensar que algúns alumn@s non ven as vantaxes de aprender coas TICs!

E pensar que algúns profesor@s non ven as vantaxes de ensinar usando as TICs!

A mis 95 años 

Creatividade 2.0

A estas alturas podía ter unha patente. Si, semella unha falla de modestia ou unha tolería. Penso que a todos nos pasa polo miolo algunha idea que logo deixamos por estravagante, ou porque pensamos que non ten sentido, que alguén xa terá pensado nelo antes ca nos ou, mais sinxelo, porque pensamos que somos máis ben pouca cousa e que o que nos ven á cachola non paga a pena. Cando era neno, constataba que ó me bañar na auga do mar, deixaba de ter conxestionada a nariz. E algunha vez dixen el alto "¿e porque non levamos auga de mar nun frasquiño para usala en calquera momento?". Cando un médico, moitos anos despois, me recomendou o mítico inhalador de "auga de mar estéril", caín na conta de que aquel pensamento do neno que fora non era nada sen sentido. A estas alturas, podía ter unha patente. Estou seguro que para ser creativo, e que se saiba, compre ter entre outras virtudes unha certa dose de desinhibición, de capacidade de loita e de afán de superación, ademáis dunha boa ración de sorte. 

Lembrei o asunto vendo este vídeo, seguro que se pechades os ollos vos vedes a vos mesmos xogando coa area na praia, aínda co cueiro, o caldeiro e o rastrillo.

 

Diego Stocco - Music From Sand from Diego Stocco on Vimeo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut