Skip to Content

Blogues

Google Street View by Google Trike

Desque coñecín a posibilidade de facer andainas virtuais por algunhas cidades grazas a Google maps, pregúntome porque as cousas chegan tan tarde á nosa latitude. Tería que estar feito a iso, cando era neno as películas tardaban meses en aparecer nas pantallas da miña cidade (Santiago), e só un pouco menos aquí "na Coru". En fin, se non sabes do que falo, visita Google maps, procura un enderezo calquera de Madrid (tamén valen Barcelona, Sevilla, París, Roma,...) e logo arrastra o pequeño monigote amarelo que hay sobre os botóns de zoom (pode que o monigote non apareza amarelo, xa que logo estarías sobre unha situación para a que o StreetView aínda non está dispoñible).

 

Unha vez soltado o monigote sobre unha zona axeitada, a ventana gaña en interactividade. Podes te mover polas rúas case coma se alí estiveses.

Fai xestos co rato sobre a imaxe, proba a facer clic sobre as indicacións de dirección, dobre clic sobre distintos puntos da imaxe, xoga e verás o que pode dar de sí esta aplicación. Verdadeiramente aproveitable para coñecer unha chea de sitios sen nos mover da casa (que si podemos ir mellor, pero se non podemos...). O peor, unha vez coñecida a ferramenta é cando tes interés en usalo nun emprazamento no que non está dispoñible. E ahí e onde quería eu chegar. ¿cómo se fai esto? Seguro que estás pensando nun aparello supersofisticado de última xeneración, inventado na NASA (mágoa, non pensaches na ESA) por algún equipo de cerebros privilexiados. Pode que non estéas lonxe da realidade, pero ese aparello vai montado sobre... UN TRICICLO (sinto pero aquí teño que poñer unha expresión moi galega: manda carallo!).

Seica estes días anda o cacharro este polas rúas de Santiago, así que estou ben contento; axiña poderei andar virtualmente polas súas rúas cada vez que me dea un ataque morriñento.

HOME, a película de Yann Arthus-Bertrand

O fotógrafo Yann Arthus-Bertrand dirixiu hai algún tempo un documental chamado HOME, centrado en como os seres humanos témonos empeñado en destruir o noso mundo a través dun consumo non axeitado dos recursos naturais. Este documental, que amosa planos aéreos dalgúns dos paraxes naturais máis espectaculares da Terra, pode agora verse a través de YouTube en HD e en castelán. Non perdades a oportunidade de votarlle un ollo.

 

 Grazas a Ánxela Lavandeira pola ligazón.

 

Traballo fotográfico

Sempre gostei da fotografía, xa de cativo me chamaban as fotos e as máquinas que conseguían capturar aquelas imaxes.

A miña primeira cámara chegou dos Estados Unidos, foi un agasallo dun tíos meus. Era dun formato fotográfico algo raro, chamábase 110 e daba uns negativos peneniños de todo. Mágoa que na casa non había moitos cartos para mantela, entre comprar o carrete, revelar e facer as copias... moito luxo. Conservo apenas uns poucos negativos dunha boda familiar. Coñecín as cámras réflex grazas a "Susito" que tiña unha Miranda que lle regalara o seu tío Manolo, contramestre nun transatlántico que tiña fotos con todo canto famoso americano saía na pouca televisión que se vía. Suso prestoume a cámara e eu perdinlle a funda; non foi nada doado atopar unha que lle valera, desde logo non orixinal. Algúns anos máis tarde merquei a miña primeira cámara co meu primeiro soldo, en tempos do servizo militar obrigatorio. Tiven que pagar en tres meses pero finalmente tiña a miña propia cámara, unha Ricoh XR10K, compatible co standar Pentax PK. 

Agora sigo facendo fotos, máis ca nunca porque agora sinto que o resultado é maís meu que antes, cando dependía dos servizos de revelado ó meu alcance. A tecnoloxía dixital permite controlar o proceso de principio a fin. Así que disfruto coma nunca antes. E se consigo expresar ou transmitir algo, pouco máis podo pedir.

Foi un verdadeiro pracer cando recibín unha invitación para facer unhas fotos. A miña compañeira Mercedes pediume que fixera unha foto que xuntara á xente que comparte un espazo de estudo no que se reforza o traballo na escola de alumnos chegados á nosa terra desde outros países. O resultado podedes velo aquí abaixo, colgado da parede do mesmo lugar no que se fixo a foto:

 

 

Encantado de coñecer de primeira man o traballo que está a desenvolver a fundación GAIA (podedes seguila aquí) e moi agradecido por ter uns modelos tan atentos só para min. Moitísimas grazas.

El azufre de un pelo puede delatar a un terrorista

 

Un equipo de científicos españoles y británicos ha desarrollado un método 'por abalación laser' que permite detectar en un solo cabello las variaciones de los isótopos de azufre (átomos con igual número de protones pero distinto de neutrones) a lo largo del tiempo. Esta información refleja los cambios en la alimentación y los movimientos por diferentes países de un individuo, lo que podría servir a la policia para desmontar las coartadas de los terroristas internacionales.

 

 

Fans, 'followers', amigos e outros descoñecidos

Non fai un máis que se apuntar nunha rede social, e logo medran coma cogumelos candidatos a amigo de toda a vida. 'Fulaniño' agregoute coma amigo, se queres ser amigo de 'Fulano' preme aquí. 'Mengano' é agora o teu fan, se queres ser fan de 'Mengano' preme acolá. Citraniño está a te seguer, ti tamén poder seguer o estado de 'Citrano' facendo clic na ligazón seguinte.

O máis recomendable é non facer caso de aqueles convites que veñan de descoñecidos ou de personas, grupos, institucións, etc. das que non temos coñecemento ou que non comparten connosco nengún interese.

Moito podería falarse, e de feito se fai en moitas páxinas e foros da Internet, sobre as estratexias seguidas por moita xente para ter presenza na Internet, ter seguidores, gañar popularidade, "karma" ou como queramos chamalo. Hay quen segue estratexias de "poucos e ben coidados", algo que en bioloxía se coñece como estratexia da K, e quen segue a estratexia da R, que traducido os social media podería ser algo así coma "a encher e que sexa o que saia". Supoño que algo coma esto último foi o que me levou a escreber este artigo. Recibín da miña conta de Twitter, coma cada vez que esto ocorre, un aviso de que alguén se apuntaba a seguer os meus Twitts. Non contaba que el dese o primeiro paso, mágoa, non é descoñecido precisamente, pero non vou devolverlle o xesto.

Distribuir contido


by Dr. Radut