Skip to Content

Google Street View by Google Trike

Desque coñecín a posibilidade de facer andainas virtuais por algunhas cidades grazas a Google maps, pregúntome porque as cousas chegan tan tarde á nosa latitude. Tería que estar feito a iso, cando era neno as películas tardaban meses en aparecer nas pantallas da miña cidade (Santiago), e só un pouco menos aquí "na Coru". En fin, se non sabes do que falo, visita Google maps, procura un enderezo calquera de Madrid (tamén valen Barcelona, Sevilla, París, Roma,...) e logo arrastra o pequeño monigote amarelo que hay sobre os botóns de zoom (pode que o monigote non apareza amarelo, xa que logo estarías sobre unha situación para a que o StreetView aínda non está dispoñible).

 

Unha vez soltado o monigote sobre unha zona axeitada, a ventana gaña en interactividade. Podes te mover polas rúas case coma se alí estiveses.

Fai xestos co rato sobre a imaxe, proba a facer clic sobre as indicacións de dirección, dobre clic sobre distintos puntos da imaxe, xoga e verás o que pode dar de sí esta aplicación. Verdadeiramente aproveitable para coñecer unha chea de sitios sen nos mover da casa (que si podemos ir mellor, pero se non podemos...). O peor, unha vez coñecida a ferramenta é cando tes interés en usalo nun emprazamento no que non está dispoñible. E ahí e onde quería eu chegar. ¿cómo se fai esto? Seguro que estás pensando nun aparello supersofisticado de última xeneración, inventado na NASA (mágoa, non pensaches na ESA) por algún equipo de cerebros privilexiados. Pode que non estéas lonxe da realidade, pero ese aparello vai montado sobre... UN TRICICLO (sinto pero aquí teño que poñer unha expresión moi galega: manda carallo!).

Seica estes días anda o cacharro este polas rúas de Santiago, así que estou ben contento; axiña poderei andar virtualmente polas súas rúas cada vez que me dea un ataque morriñento.



blog | by Dr. Radut