Skip to Content

Outro sitio de música

Mentres a industria da música quedou anquilosada no pasado, na rede de redes seguen saíndo innovadores proxectos coa música como pilar fundamental.

Neste caso falamos de We Are Hunted, sitio que permite coñecer novas cancións e grupos. Basándose en datos obtidos de sitios como Last.fm, Pandoras, Blip.fm, MySpace Music e resto de webs semellantes, We Are Hunted publica unha lista coas 99 cancións máis escoitadas en Internet, xunto con outras clasificacións do máis escoitado da semana, do mes e do ano.

A lista amósase en forma de grella coas fotos de cada grupo, o seu nome, título da canción, ligazón para comprala e pódese escoitar cada unha das pistas.

 

[Vía Bitelia] 



blog | by Dr. Radut