Skip to Content

O sono de Alejandría máis preto

Os fondos aínda son poucos -pode que non pasen dos 1.400 artigos- pero desde hai poucos días está en funcionamento a Biblioteca Dixital Mundial, un proxecto liderado desde a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos e que conta coa axuda técnica da Bibliotheca Alexandrina e co respaldo da Unesco.

A idea é que, co tempo, vaia aumentando a colección de libros, diarios, manuscritos, mapas, películas, gravados e fotografías e gravacións sonoras dispoñibles grazas ás aportacións de institucións de todo o mundo.

Pódese navegar poa colección por lugar, data, tema, tipo de artigo, e institución. Tódolos contidos pódense ver en liña e descargar como PDF, TIFF, mp3, etc.

Fáltalle «un chisquiño» para chegar a ser o equivalente moderno do que no seu momento foi a mítica biblioteca de Alejandría, pero tódolos grandes monumentos comenzan coa primeira pedra. ¿Non si?

 

[Vía Microsiervos



blog | by Dr. Radut